O BNG de Oleiros reclama celeridade ao goberno local na concesión das licenzas de nova construción ás persoas expropriadas da N-VI
Xuño 16, 2009 2:19 pm Sen clasificarUn grupo de veciñas e veciños da N-VI, afectados pola expropriación da ampliación desta estrada, acudiron ao BNG para reclamaren do Concello de Oleiros celeridade na tramitación das licenzas das novas vivendas.
As persoas afectadas polo derrubamento das súas casas por causa da ampliación da N-VI están preocupadas pola lentitude do Concello de Oleiros na tramitación das licenzas das novas vivendas, feito que pode provocar demora na súa construción, ou, no pior dos casos, que algúns destes veciños e veciñas queden literalmente na rúa.
O BNG considera que o Concello de Oleiros debe, polo tanto, proceder a priorizar este asunto tan preocupante e que repercute directamente sobre este grupo de veciños e veciñas afectados pola expropriación para a ampliación da estrada N-VI. Por este motivo o BNG insta o goberno local a proceder coa maior dilixencia na concesión das licenzas de nova construción ás persoas afectadas.




