Óscar Carballo obtén Sobresaliente Cum Laude pola súa tese presentada onte na Facultade de Educación Física, a primeira nese centro escrita na nosa lingua
Xullo 2, 2009 1:11 pm Sen clasificarÓscar Carballo, compañeiro do BNG, asesor de deporte do Concello da Coruña e veciño de Oleiros, presentou onte a súa tese de doutoramento sobre a flexibilidade no campo da forza dos deportes de equipo obtendo un Sobresaliente Cum Laude por este traballo.
Óscar Carballo presentou onte a primeira tese en lingua galega na Facultade de Educación Física de Galiza, e foi avaliado por cinco doutores que compuñan o tribunal, todos eles non galegos, que louvaron as características da tese de Óscar Carballo e, lonxe de consideraren a lingua galega en que está redixida esta tese como un factor contrario, consideraron o valor positivo de a tese estar feita en Galego, por causa de convivirmos nun Estado plurinacional, plurilingüístico, e comprendendo a tese sen calquera problema e sen calquera rexeitamento por razón de lingua. Resulta sorprendente que profesores doutores das máis variadas universidades do Estado español non atopen ningún problema para avaliaren unha tese redixida en idioma galego e que o Goberno galego estea a tomar medidas represoras e contrarias ao noso idioma.
Xurxo Dopico, compañeiro do Concello Local de Oleiros, e Eliseo Iglesias, profesores ambos da Facultade de Educación Física, dirixiron a tese de Óscar Carballo.
No BNG de Oleiros queremos dar os nosos parabéns máis efusivos a Óscar Carballo, que con só 28 anos amosa un compromiso certo co noso idioma na práctica e que, ao mesmo tempo, acada a excelencia no seu expediente académico.




