O Reino de Galiza

Historia de Galiza Non hai comentarios

Non sei como viven hoxe os nosos rapaces e rapazas do ensino secundario obrigatorio e do bacharelato a ausencia de Galiza nos libros de Historia de España. Sei que, igual que nos tempos nos que eu cursei eses estudos, descoñocen a existencia do Reino de Galiza, mentres son abafados por continuas referencias aos reinos de León, Castela, Aragón, e Nafarroa, por non falar de Asturias, durante toda a Idade Media. Dáselles como verdade incuestionábel que o reinos cristiáns eran cinco, coa inclusión de Portugal. No sistema educativo galego, con cartos públicos, impártese normalmente unha historia que nos anula. Desgrazadamente non ten habido unha reacción cuestionadora e rectificadora desde institucións académicas como a Universidade Galega ou a RAG, tamén sustentadas con diñeiro público. Esixir a restauración da verdade histórica nesta cuestión é unha asignatura pendente de grande importancia. O Reino de Galiza é un feito incuestionábel, empírico, comprobábel en toda a documentación medieval. Non podemos seguir na ignorancia, interesadamente instaurada polos poderes institucionais ideolóxico-culturais que conformaron unha visión do proceso histórico español hostil ou ninguneador de Galiza. Como o noso país non lles era funcional para o deseño histórico no que había que fundamentar a denominada por eles nación española, o mellor foi facernos desaparecer, ou cando máis, converternos nun apéndice desde sempre de León ou Castela. Leer o resto …