25 de xullo, Día da Patria Galega

Galiza Nación Non hai comentarios

Posibelmente sexa necesario comezar por unha aseveración: o sentimento de Patria na Galiza é algo moi necesario para que o País exista. Sen unha adhesión sentimental e unha consciencia racional sobre a nosa realidade, tan agachada e negada, é moi difícil, por non dicer imposíbel, que manteñamos unha práctica consoante co que Galiza necesita. Moitos individuos de nacións que teñen Estado renegan do sentimento patriótico, as máis das veces porque non o necesitan para vivir con normalidade no seu propio país ou mesmo porque o teñen interiorizado de forma tan natural que non se decatan del. É máis, consideran que non é un sentimento patriótico senón a expresión dunha normalidade incuestionábel, embora conleve ás veces unha actitude de superioridade e mesmo de agresividade perante calquera discusión do seu status. Son incapaces de comprender o papel dominante e mesmo imperialista do seu país. Hai, pois, un patriotismo de nación opresa, sen estado, e un patriotismo que, a meirande parte das veces, significa a disposición a manter o dominio ou a agresión contra os demais. Leer o resto …