Compromisos e responsabilidade
4 Abril, 2008 Infraestruturas Non hai comentariosMáis unha vez, agora en forma de artigo xornalístico, desexo informar sobre os compromisos do goberno en relación coa modernización da conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña, e a necesidade do seu cumprimento. Os compromisos foron adquiridos na anterior lexislatura co BNG e aparecen formalizados nos orzamentos do Estado para 2008 (6 millóns de euros para plataforma e duplicación de vía desde a Ponte das Cabras até a estación, e 1,5 millóns de euros para bypass en Betanzos-Infesta). A licitación do proxecto construtivo para o primeiro tramo vai saír un destes días no BOE, xa está asinada polo Director Xeral de Ferrocarrís. No caso do bypass, debido á imposibilidade técnica, xa que non existe espacio por causa da proximidade do polígono industrial, haberá que esperar á execución dun tramo do itinerario Betanzos-Uxes para os trens poderen aforrar a entrada na estación de Infesta e gañar sobre uns 15 minutos na duración da viaxe a Coruña. A nosa pretensión foi conseguir que se iniciasen obras en 2009 no subtramo Ferrol-Betanzos, e no 2010 que se iniciasen no subtramo Betanzos-Uxes, precisamente polo bypass para posibilitar viaxes a Coruña en 50 minutos, mellorando así os servizos actuais sen necesidade de esperarmos a ter toda a obra concluída, alén de poder situar esta conclusión no horizonte asumíbel, 2012-2013. Leer o resto …
