29 Maio, 2008
Autogoberno
Non hai comentarios
Resulta abafante e sintomático o empeño informativo e dos economistas académicos oficiais en manter a sociedade galega na ignorancia e/ou manipulación a respecto dun tema tan crucial como o financiamento da comunidade autónoma. Preténdese xustificar que o mellor dos mundos posíbeis para Galiza é o da actual dependencia e subordinación respecto do Estado Español. A ideoloxía da españolidade e da unidade de España inspiran as manipulacións académicas e o correlato divulgador informativo. Axitan sempre a bandeira dunha suposta “solidariedade” do estado con Galiza, que se manifestaría empiricamente nos resultados da aplicación do sistema de financiamento vixente. Tinxen o seu discurso analítico, de pretensións progresistas, con dados parciais, ocultacións sonoras e conclusións predeterminadas. Unha delas, a fundamental, que somos incapaces por nós mesmos. Só a unidade de España nos garante o noso actual estado de benestar. Leer o resto …
29 Maio, 2008
Autogoberno
Non hai comentarios
Moitos economistas da oficialidade académica fan o panexírico da dependencia e da minusvaloración de Galiza cando se fala dos resultados do sistema de financiamento das comunidades autónomas. O compoñente ideolóxico desprezativo e ignorante da nosa capacidade fiscal acubíllase baixo o manto da “solidariedade de España con Galiza”. A axitación social con fins de afondar nas consciencia de subordinación no pobo galego corre corre por conta dos partidos da dereita e da esquerda española, en calquera das súas manifestacións, a través de versións fantásticas ou míticas sobre como sustenta Galiza o seu autogoberno. Nin o ministerio de economía, nin o señor Pedro Solbes, cando se expresan sincera e en termos reais poden chegar a negar unha verdade evidente: Galiza non vive a conta de España. Leer o resto …
21 Maio, 2008
Lingua
Non hai comentarios
As linguas, malia as aparencias, son fenómenos sociais, colectivos. Non poden existir sen pobo e base territorial. Por iso, a lingua está vinculada á idea de Nación. Nas sociedades cunha lingua propia en situación de normalidade de usos, os individuos non escollen a súa lingua, venlles imposta como algo natural, vehículo de socialización. É libre por que é a súa, a da colectividade, a nacional. Porén, ninguén lle preguntou se a quería como tampouco lle preguntaron se quería nacer do seu pai e nai naturais. En Santander, Madrid ou Sevilla non se escolle a lingua. A natural e individual é a social e propia. Leer o resto …
12 Maio, 2008
Cinema
1 Comentario
Vivimos nunha sociedade pouco proclive ao recoñecemento do mérito, cando se trata de pór en valor o propio. No caso do cinema, sabido é que, desde “Sempre Xonxa”, apenas se pode falar de que houbese produción galega, orixinal (lingua, director, actores, guionista, produtor, temática…). “Pradolongo” vén recuperar esta tradición tan necesaria, se realmente se quer contar cun cinema que mereza o nome de galego, co conseguinte impulso dunha industria audiovisual, cinematográfica, de nós. A antítese do que, até o de agora, predominou, un cinema español que conta con Galiza como espazo de rodaxe e como administración autonómica da que chuchar subvencións ou axudas. O modelo José Luís Cuerda: un cinema cuxa versión orixinal está en lingua española, con equipa técnica e artística maioritariamente española tamén.
Leer o resto …
5 Maio, 2008
Curros Enríquez, Literatura Galega
Non hai comentarios
O centenario da morte de Curros Enríquez e do traslado do seu cadáver embalsamado da Habana á Coruña está a ter pouco eco mediático. Polo de agora tiveron lugar actos de lembranza e reivindicación con este motivo en Celanova, Ferrol e A Coruña. Concretamente, o día cinco de abril, celebrouse unha marcha cívica, organizada pola Concellaría de Cultura do Concello d´A Coruña, entre o cimiterio de San Amaro e o monumento a Curros, obra de Asorei, con significativa participación popular ( 1000 persoas). Non mereceu a debida atención. O acto foi relegado a un pequeno espazo das páxinas locais, en contraste coa espaciosa información sobre a concentración de 50 fascistas reclamando que non se eliminase a estatua de honra a Millán Astray. Igual ou pior trato mereceu da Radio e a Televisión galegas. A censura total emborcouse sobre a inauguración dunha exposición pública sobre Curros e a súa obra na praza do Obelisco, tamén na Coruña, o día 25 de abril, que están contemplando milleiros de persoas. Parece como se houbese un acordo implícito para manter na marxinalidade residual o aprezo e coñecemento sobre a nosa literatura, sobre os nosos clásicos. Cousas do pasado, alén de pasadas de moda, que non merecen excesiva atención nen promoción. Menos convén a súa actualización e comprobar a súa vixencia.
Leer o resto …