Preocupación “intelectual”

Lingua Non hai comentarios

Hai moitas oportunidades para distinguir o que é o nacionalismo das expresións xenófobas, excluíntes, prepotentes, propias do imperialismo. Desde algunhas perspectivas, inténtase, concretamente no caso do Estado Español, catalogar como nacionalistas moitas manifestacións ideolóxicas que están na súa antítese, de falarmos con rigor. Unha parte da denominada intelectualidade española, unha vez máis, en escalada política agresiva, cree (“Manifiesto por la Lengua Común”) que “hay crecientes razones para preocuparse” pola situación do castelán, no que chaman comunidades bilingües. Incitan á xente a se manifestar a prol de cambios constitucionais e estatutarios que restrinxan os compromisos das administracións públicas só ao “estímulo” do catalán, o galego e do vasco nos seus respectivos territorios, nunca a cooficialidade real.
Leer o resto …

Tratado de Lisboa, unha perspectiva galega

Europa Non hai comentarios

O espectáculo non pode ser máis expresivo. Os gobernos dos grandes estados europeos están empeñados en levar adiante o seu deseño, oligarquicamente interesado, mesmo violando as regras de xogo de que se tiñan dotado para conseguilo. A democracia vale se lles dá a razón. O non irlandés ao Tratado de Lisboa foi outra ducha de consciencia sobre a orientación dun proceso negativo para as clases populares e as pequenas nacións. Agora é precisamente unha delas, como estado propio, a que se expresou maioritariamente, en uso de regras de xogo estabelecidas polos poderosos, en contra dun modelo que non garante se quer a representación de todos na Comisión Europea, considerada o goberno da Unión. Expresouse en contra do estabelecemento de decisións articuladas a través de combinatorias nos que son ineludíbeis os grandes estados, concretamente, Alemaña, Franza e Gran Bretaña. Leer o resto …

Unha ollada retrospectiva: O Estatuto do 36

Autogoberno, Historia de Galiza Non hai comentarios

A preocupación do nacionalismo galego, desde que se instaurou a República en abril de 1931, por que Galiza tivese un Estatuto de Autonomía, dentro da legalidade republicana, foi determinante na súa elaboración e na concreción dos pasos a seguir para a súa consecución. Ningunha forza política estatal estaba interesada ou tiña este obxectivo como preferente. Deste xeito, unha forza política, minoritaria socialmente e marxinal electoralmente, tivo un papel relevante que acabou por dar froitos. Cando menos, fixo aparecer a aspiración ao autogoberno de Galiza no seo do Estado Republicano obrigando a que fosen ineludíbeis os trámites necesarios. Leer o resto …

Transparencia fronte a búnker do silencio

Denuncia, España Non hai comentarios

Nunha democracia a Defensa ten que formar parte da administración pública e rexerse no seu funcionamento polos principios de servizo, transparencia e responsabilidade. Pode haber quen pense que a disciplina, a xerarquía e o mando teñen que ser consubstanciais ás Forzas Armadas. Porén, a disciplina non pode ser obediencia cega, a xerarquía subordinación acrítica e o mando autoritarismo despótico. Velaiquí por que é tan importante que as Forzas Armadas non fiquen á marxe dos dereitos e deberes que teñen o resto de cidadáns e das administracións públicas. Teño para min que queda moito por andar para, en xeral, estas administracións guiárense polos principios de servizo, transparencia e responsabilidade. Leer o resto …

Olé!!!

España Non hai comentarios

Con que entusiasmo, sen rubor nin complexos, se expresan os panexiristas dos símbolos e costumes festivos de España. Eles, que ven fundamentalista e irracional a simple adhesión de outros á lingua propia en desvantaxe ou esmorecida, ou o uso dunha prenda inocua (o velo), son quen de converter unha corrida de touros e un toureiro, José Tomás, por exemplo, en algo “transcendente” e “sublime”. E non paran aí. A hipérbole e tan expansiva que fan de José Tomás “un artista comprometido con su tiempo”, capaz de provocar “el entusiasmo de una nación, la felicidad de un pueblo y el extasis de un rey y su hija” (Carlos Abella, El País, 6 de xuño, 2008). Non escatiman abondosa e chamativa información, desde a portada a varias páxinas, no apartado “Cultura”, conforme a súa crenza de que a corrida na praza das Ventas foi “una tarde para la historia”. Un icono da cultura española, Joaquín Sabina, remacha que a tarde foi “sublime”. Por suposto, opinión compartida por “miles de personas de todas las clases sociales”. Iso si, fundidas democraticamente a base de pagar 600 euros por localidades de 20. Unha auténtica “gesta” de España!!. Leer o resto …