25 Setembro, 2008
Infraestruturas
1 Comentario
Desde 1995 existe un traballo serio, constante e útil do BNG a prol do obxectivo de conseguir a modernización dos camiños de ferro entre Ferrol e A Coruña. O cativo resultado obtido até agora e só un síntoma de canto custa mover algo nesta cuestión. Hoxe a liña está operativa en condicións de seguridade, e hai cinco servizos entre Ferrol e A Coruña en ambas direccións. Iniciamos unha tímida restauración de servizos e aspiramos á modernización da infraestrutura, con velocidades media asumíbeis. Non outra cousa significa que se teña publicado no BOE o estudo informativo do sub-tramo Uxes-Betanzos, e licitado o estudo do sub-tramo Betanzos-Ferrol. O primeiro é un trazado novo. O segundo será a adaptación do trazado actual, con algunha variante para garantir velocidades adecuadas (entre 120 e 200 Km/h). En ambos os dous casos haberá dupla vía e electrificación como o resto do Eixo Atlántico, onde está integrado o itinerario. Estas foron as condicións do BNG para apoiar os orzamentos do Estado de 2006 e 2007. O Goberno tivo que cumprir o acordo co BNG de que sacaría en xaneiro deste ano no BOE os trámites administrativos da publicación e da licitación dos estudos informativos devanditos.
Leer o resto …
15 Setembro, 2008
Autogoberno
Non hai comentarios
Moitos economistas da oficialidade académica fan o panexírico da dependencia e da minusvaloración de Galiza cando se fala dos resultados do sistema de financiamento das comunidades autónomas. O compoñente ideolóxico desprezativo e ignorante da nosa capacidade fiscal acubíllase baixo o manto da “solidariedade de España con Galiza”. A axitación social con fins de afondar nas consciencia de subordinación no pobo galego corre corre por conta dos partidos da dereita e da esquerda española, en calquera das súas manifestacións, a través de versións fantásticas ou míticas sobre como sustenta Galiza o seu autogoberno. Nin o ministerio de economía, nin o señor Pedro Solbes, cando se expresan sincera e en termos reais poden chegar a negar unha verdade evidente: Galiza non vive a conta de España.
Leer o resto …
9 Setembro, 2008
Lingua, Literatura Galega
Non hai comentarios
O panorama intelectual, hexemónico na denominada cultura occidental, rende moitas veces tributo ás aparencias. Chegan a recoñecerse como grandes filósofos personaxes, con posición afamada en institucións universitarias elitistas e constante presenza en revistas e xornais anglosaxóns, cuxo pensamento non deixa de ser unha oportuna mestura de ocorrencias, máis ou menos inxeniosas, afán de escandalizar con dose calculadamente conveniente de heterodoxia, e actualizacións e vulgarizacións de filosofía clásica e irracionalista alemanas. Desta maneira, un profesor de literatura comparada, ensaísta de perspectiva claramente eurocéntrica, pode acabar sendo considerado como defensor das linguas minoritarias, neste mundo de aparencias mediáticas.
Leer o resto …
5 Setembro, 2008
Lingua
Non hai comentarios
A esta altura non pode haber ninguén tan inxenuo como para pensar que os ataques contra a cooficialidade do galego, o catalán e o vasco non están dirixidas orgánica e politicamente. O sarillo tece unha madeixa expansiva que parte do centro madrileño para intimidar dentro das nacións con lingua propia. En principio móveno grupos mediáticos poderosos e os seus dogmáticos voceiros intelectuais e empresariais, en pleno aggiornamento da España imperial. Encárganse tamén de mantelo activo no tempo.
Leer o resto …