Galego-Portugués
20 Outubro, 2008 Lingua Non hai comentariosCando se nega oficialmente a verdade, adoitan producirse fenómenos, máis ou menos extramuros, que a reclaman. Defenderon filólogos e estudosos, durante séculos, que galego e portugués eran o mesmo idioma. Este criterio fundamentábase en sólidos razoamentos e comprobacións históricas, lingüísticas e xenéticas. Non se deixaron perturbar polo feito de ser Portugal un estado independente e a Galiza unha nación negada, convertida en provincia da España imperial. Tampouco por ser o portugués un idioma oficial, con uso normal, perfectamente estandarizado, mentres o galego era caracterizado despectivamente como dialecto, restrinxido a un uso coloquial e popular.
Leer o resto …
