O Vaticano e a homosexualidade
4 Xaneiro, 2009 Dereitos Non hai comentariosA teimosía e radicalidade inquisitorial coa que o Vaticano rexeita e condena a homosexualidade, a condición homosexual, resulta inquietante. É verdade que esta actitude continúa unha tradición ideolóxica, socio-política e médica que a considerou unha patoloxía, desde a metade do XIX até ben pouco. Unha perversión da natureza que podía considerarse vicio e atentado contra a norma social, institucional, heterosexual, verdadeiro ideal humano. O rexeitamento abalou sempre entre o prexuízo biolóxico e o prexuízo social e moral. Non se podía conceber a atracción entre persoas do mesmo xénero e do mesmo sexo biolóxico. Só unha deformación da natureza ou unha perversión do espírito podían explicalo. En ambos casos, o afán por ser normal conducía á renuncia, á autorrepresión, á reeducación, ao auto-control, á sublimación para non enlodarse na vileza. Un aspecto, tan íntimo e á vez tan necesitado de sanción social, na vida das persoas ficaba, para as de condición homosexual, encapsulado no corredor do medo, da prevención, do sufrimento e mesmo da auto-negación e, como non, da fobia e da agresividade. De este corredor parece que estamos comezando a saír, non sen dificuldades e con moitas contradicións e oposicións de calado. Leer o resto …
