A Revolución de 1846

Historia de Galiza Non hai comentarios

Lembraba Murguía nun seu artigo xornalístico do 23 de abril de 1885 como vivira, sendo neno, os ecos en Compostela da batalla librada nos seus arredores entre bandos militares ese mesmo día de 1846. A posterior ocupación da cidade, coas escaramuzas e as descargas consecuentes, sofrimento e horror da guerra, soldados caídos entre xemidos, durou dúas horas. Ao final todo era tristeza e silencio entre a poboación, indiferente a quen era o vencedor e o vencido.

Nunca lle gostou a Murguía mesturar os ideais civís, especificamente os de redención de Galiza, cos levantamentos militares, por moito que foren de signo progresista. Anos máis tarde, de forma explícita Castelao, no seu Sempre en Galiza, advírtenos de que a revolución galega de 1846, xestada na hostilidade contra os gobernos centralistas, fracasara “por xunguirse a unha subversión militar (alentada por un príncipe da casa reinante) que acabou en traxedia cos fusilamentos de Carral”.
Leer o resto …

Ferrol como metáfora

Galiza Nación Non hai comentarios

Máis unha vez acompañei uns amigos, nestes caso portugueses, aproveitando a súa estadía en Ferrol, nun percorrido polos seus arredores. Sempre teño a certeza de que os meus acompañantes van entender con esta visión os problemas que temos como sociedade e como pobo. Mesmo resulta unha oportunidade para resumirlles, de forma sintética, a nosa evolución histórica, a da Galiza. Malia o meu entusiasmo catequético, sen dúbida vinculado á experiencia vital que deriva dunha infancia e dunha pubertade apegada a esta realidade empírica, pretendo non pecar de localismo, un mal tan frecuente. Moito menos en imitar ese ferrolanismo tradicional, expresión dun españolismo de baixe intensidade, mais tan inútil e desorientador como o de calquera perspectiva madrileña paternalista sobre o noso país. Leer o resto …

A República

Autogoberno Non hai comentarios

Levamos un período de 32 anos cun réxime de monarquía parlamentar no Estado español. Foi produto dunha transición pactada co réxime franquista. O sucesor de Franco na xefatura do Estado, o príncipe Juan Carlos, convertido máis tarde en rei constitucional, foino por vontade do ditador. A lexitimidade democrática do actual réxime resultou así devida, non desde o inicio. Foi unha restauración monárquica, após 40 anos de franquismo, en parte conforme aos deseños de Franco. Na súa concepción histórica, a monarquía católica podía ser garante da unidade de España. Empataba tamén coa tradición que a consideraba consubstancial ás esencias da españolidade. Por suposto, esta visión xulgaba fondamente negativas a experiencia do Sexenio Revolucionario (1868-1874), que desembocou na Primeira República, após dunha monarquía constitucional, non borbónica, e, claro está, a Segunda (1931-1939). En ambos os casos, repelía a laicidade do Estado, a súa desacralización, e os perigos de desnaturalización, “desintegración” de España, latente no modelo de republicanismo federal, en versión anarquista ou en versión nacionalista. Nos dous contextos republicanos, os máis poderosos intrigaron axiña contra a democracia como arma social niveladora. Leer o resto …

Parlamento Galego

Autogoberno Non hai comentarios

Tres representantes das forzas políticas presentes no Parlamento Galego, exdeputados da Cámara, acoden recentemente a un programa de debate nunha televisión local de Compostela. Na conversa previa, sesión de maquillaxe, coinciden en que o impacto da actividade do parlamento autonómico na sociedade galega é excesivamente cativo. Para entendermos a dinámica da institución galega de representación democrática máis importante coa que contamos, hai que ter presente tres aspectos diferentes. Un deles é que tipo de autonomía política, que competencias legais ten o actual marco autonómico; outro é, como asumen este marco, con que intención, as distintas forzas políticas; o terceiro, como inciden os medios de comunicación na transmisión á sociedade da actividade parlamentar. A mestura dos tres explica o impacto e a avaliación do Parlamento Galego pola nosa sociedade. Leer o resto …