A cuestión europea
30 Maio, 2009 Unión Europea Non hai comentariosHai desinterese e confusión en moitos demócratas de vocación cosmopolita ou universalista polos resultados práticos da Unión Europea. Malia a súa propensión a aceitaren procesos de suposta modernización a calquera prezo, agora o desencanto abáfaos porque a unidade tiránica do mercado único é o dominante. Mesmo pesan máis a involución e a desigualdade política e social que os logros democráticos xeneralizados. Porén na Galiza aínda fican panexiristas irredutíbeis, non da idea favorábel a unha Europa unida na igualdade e na harmonía, senón desta UE. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denominaos europapanatas. Algúns chegan mesmo a trocar a situación, na mellor tradición auto-agresiva, culpando, por exemplo, os nosos labregos produtores de leite de non saberen competir en mercado tan beatífico e neutral. Xa se sabe os galegos non valemos. Temos unha tara xenética. Non somos quen de modernizarnos. Resulta irritante a cegueira interesada de quen non ve o sufrimento, a tortura a que está sendo sometido o sector lácteo galego, precisamente pola súa capacidade para competir, polo seu esforzo por se modernizarse, mesmo con pautas, criterios e regras de xogo ao servizo doutros. O problema está na comercialización con dumping, na falsificación do libre mercado con regulacións discriminatorias para uns e favorábeis para outros, no abandono forzado da produción agraria. Está no deseño político deste espazo globalizado que é a UE, claramente xerarquizado e desigual. En grande maneira, non deixa de ser o vello modelo sobre o que se construíron os Estados centralistas e imperialistas que a hexemonizan. Leer o resto …
