Confesión dun perturbado
3 Marzo, 2010 Galiza, Política Non hai comentariosCelebro a indignación de moitos compatriotas, sobre todo mocidade, contra Rosa Díez por usar despectivamente o xentilicio “galego”. Supoño que estarán aínda máis alporizados polas reveladoras xustificacións exculpatorias dadas pola central madrileña do seu partido…A galegofobia da Sra. Díez, que presume de demócrata, española e universalista, exprésase con tal naturalidade que unha reacción digna dos afectados é cualificada como produto dunha perturbación nacionalista pola camarilla que a rodea. O seu esquema mental traduce a perspectiva de quen, en nome dos principio de igualdade,unión e democracia, arrasan o dereito do diferente a exercer como tal. A súa igualdade demagóxica e a súa unidade sacrosanta funcionan como tapadeiras para agachar un statu quo desigual, unha unidade xerarquizada, discriminatoria, inzadas de estereotipos e prexuízos ideolóxicos e emocionais. A exteriorización do seu prexuízo anti-galego pola Sra.. Díez , o seu empeño en consideralo natural, sen rectificación algunha, mentres arremete o seu entorno contra os ofendidos, acusándoos de seren perturbados nacionalistas, revelan cal é a súa concepción da igualdade e da unidade: cabe o desprezo pexorativo contra un pobo, ao que se lle esixe, ao mesmo tempo, submisión e obediencia cega. Asemade proban a quen atribúen a responsabilidade perturbadora do exercicio da dignidade colectiva, ao nacionalismo. Leer o resto …
