Que celebran?

Capitalismo, Crise Económica, Europa, Unión Europea Non hai comentarios

Din que a liberdade. Resulta revelador que, após 20 anos, festexen pomposamente o que chaman a caída do muro. Por unha parte, unha hipérbole material para se referiren á fronteira entre as dúas Alemañas, consecuencia da guerra fría e da inimiga entre a OTAN e o Pacto de Varsovia. Pola outra, unha metáfora para aporlle falta de liberdade e represión política aos sistemas de socialismo “real”, felizmente desaparecidos. Non deixa de sorprender tanta desenvoltura invocando a liberdade sen acompañala endexamais do principio de igualdade ou de xustiza. Un contrasentido. Moito máis, estando como estamos inmersos nunha crise económica, política, moral e filosófica do sistema capitalista que non anima a un triunfalismo racional. Precisamente, desde a desaparición da URSS e dos seus satélites, o mundo non foi a mellor, en termos relativos, nen no reparto da riqueza nen na convivencia pacífica e o respeito mutuo entre os pobos. O conceito de liberdade sufriu desde entón a mistificación máis grave desde que existe democracia. E non será que converten en efeméride aquela data para ostentosamente lembrarnos, por se non o sabemos ou non o aceitamos, que o único viábel é o capitalismo realmente existente? Será que necesitan contrarrestar con fastos ilusorios tanto escepticismo, insatisfacción e confusión como se ten apoderado do mundo “libre”, e en particular dos países “ex-comunistas” do leste de Europa, reforzando ideoloxicamente unha memoria falsificada? Leer o resto …

A desconfianza interesada

Autogoberno, Capitalismo, Crise Económica Non hai comentarios

Miguel Ángel Fernández Ordóñez, Gobernador do Banco de EspañaA esta altura podemos afirmar que unha das amezas máis perigosas para procurar solucións á situación económica provén dunha atmosfera social alimentada por unha analítica e unha propaganda oficiais, cualificábel como louvanza do inextricábel. Esta forma de proceder incita á parálise na actuación colectiva. Hai que manterse na inseguridade e no medo. Efectivamente, manténsenos no psicoloxismo, por máis que se podan indicar factores obxectivos na análise desta realidade tan preocupante. As respostas do Gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, nunha entrevista para El País (21-12-2008), son todo un síntoma de como se manipula coa desconfianza. Preténdese que aceitemos resignadamente determinadas actuacións gobernativas nunha orientación favorábel á oligarquía financeiro-industrial, ao actual sistema económico tal como vén funcionando. Para Ordóñez só hai unha crise de confianza, e haberá que esperar a que esta parálise remate por efecto das medidas anunciadas polo goberno. Hai que esperar, pois, a un cambio de tendencia. A visión crítica non existe. Chégase ao extremo de xustificar aos bancos na súa negativa a dar créditos, mesmo estando substaciosamente inxectados con diñeiro público, porque non poden ser premidos nunhas circunstancias onde “los consumidores no consumen, los empresarios no contratan, los inversores no invierten”. Deberá miragreiramente mellorar a economía para as entidades financeiras daren préstamos. Toda unha demostración de crenza cega no mercado, en contraste co recurso irresponsábel aos fondos públicos para salvar curiosamente a banca. Leer o resto …