Que celebran?

Capitalismo, Crise Económica, Europa, Unión Europea Non hai comentarios

Din que a liberdade. Resulta revelador que, após 20 anos, festexen pomposamente o que chaman a caída do muro. Por unha parte, unha hipérbole material para se referiren á fronteira entre as dúas Alemañas, consecuencia da guerra fría e da inimiga entre a OTAN e o Pacto de Varsovia. Pola outra, unha metáfora para aporlle falta de liberdade e represión política aos sistemas de socialismo “real”, felizmente desaparecidos. Non deixa de sorprender tanta desenvoltura invocando a liberdade sen acompañala endexamais do principio de igualdade ou de xustiza. Un contrasentido. Moito máis, estando como estamos inmersos nunha crise económica, política, moral e filosófica do sistema capitalista que non anima a un triunfalismo racional. Precisamente, desde a desaparición da URSS e dos seus satélites, o mundo non foi a mellor, en termos relativos, nen no reparto da riqueza nen na convivencia pacífica e o respeito mutuo entre os pobos. O conceito de liberdade sufriu desde entón a mistificación máis grave desde que existe democracia. E non será que converten en efeméride aquela data para ostentosamente lembrarnos, por se non o sabemos ou non o aceitamos, que o único viábel é o capitalismo realmente existente? Será que necesitan contrarrestar con fastos ilusorios tanto escepticismo, insatisfacción e confusión como se ten apoderado do mundo “libre”, e en particular dos países “ex-comunistas” do leste de Europa, reforzando ideoloxicamente unha memoria falsificada? Leer o resto …

Tratado de Lisboa, unha perspectiva galega

Europa Non hai comentarios

O espectáculo non pode ser máis expresivo. Os gobernos dos grandes estados europeos están empeñados en levar adiante o seu deseño, oligarquicamente interesado, mesmo violando as regras de xogo de que se tiñan dotado para conseguilo. A democracia vale se lles dá a razón. O non irlandés ao Tratado de Lisboa foi outra ducha de consciencia sobre a orientación dun proceso negativo para as clases populares e as pequenas nacións. Agora é precisamente unha delas, como estado propio, a que se expresou maioritariamente, en uso de regras de xogo estabelecidas polos poderosos, en contra dun modelo que non garante se quer a representación de todos na Comisión Europea, considerada o goberno da Unión. Expresouse en contra do estabelecemento de decisións articuladas a través de combinatorias nos que son ineludíbeis os grandes estados, concretamente, Alemaña, Franza e Gran Bretaña. Leer o resto …