14 Xullo, 2010
Galiza, Literatura Galega, Rosalía de Castro
1 Comentario
Rosalía é un pozo sen fondo. Un día, tamén con entusiasmo, Manuel Rivas díxome que nela estaba todo. Este fervor rosaliano non é consecuencia dun prexuízo patriótico, disposto a achar relevante ou superior calquera produto cultural do país. É a constatación dunha revelación continua que, emotiva e racionalmente, nos pasma e asombra. Mágoa que o empeño en adaptala á unha visión ideolóxica hexemónica sobre Galiza, domine aínda hoxe a súa imaxe e e valoración. A grande escala, masivamente, segue esperando a ser descuberta na súa dimensión real. O Goberno galego non colabora ao descubrimento, como está evidenciando coa súa indiferenza absoluta cando se cumpren 125 anos do seu pasamento. Actitude natural en quen está empeñado en que Galiza non exista como pobo con cultura nacional e aspiracións políticas de seu. Leer o resto …
11 Xuño, 2010
Castelao, Cultura, Galiza, Galiza Nación, Historia de Galiza, Rosalía de Castro
Non hai comentarios
Como algo intranscendente pasou a nova de que o Panteón de Galegos Ilustres estará cerrado ao público indefinidamente. Máis silandeiro foi aínda o cambio de titularidade de San Domingos de Bonaval, pasando de ser un ben inmóbel municipal, desde hai xa máis de século e medio, a selo da Igrexa Católica, após un proceso xudicial de reclamación da propiedade tan descarado como favorecido polo desleixo, a incuria e a torpeza, se non a conivencia, dos servizos xurídicos e mesmo do responsábel político da cuestión no goberno municipal de Santiago. A displicencia con que se impide o acceso público revela o trato que merecen os nosos símbolos políticos e culturais máis significativos, o noso patrimonio histórico e artístico, non só ao Arcebispado de Compostela, senón tamén á Xunta de Galicia. É unha consecuencia e causa do escasa estima que temos co noso. Só unha ignorancia e un desprezo cultivados a mantenta poden explicar tal comportamento e tanta impunidade. Polo demais, todo parece un corolario lóxico da forma en que o Panteón de Galegos Ilustres, e con el San Domingos de Bonaval, estivo inserido na visión do conxunto da cidade e na forma de mostrala, itinerarios turísticos incluídos: a marxinación que desemboca na anulación. O resultado, escasos os visitantes e ignorancia e inconsciencia sobre o valor e a importancia das persoas alí soterradas… Leer o resto …
3 Marzo, 2010
Galiza, Política
Non hai comentarios
Celebro a indignación de moitos compatriotas, sobre todo mocidade, contra Rosa Díez por usar despectivamente o xentilicio “galego”. Supoño que estarán aínda máis alporizados polas reveladoras xustificacións exculpatorias dadas pola central madrileña do seu partido…A galegofobia da Sra. Díez, que presume de demócrata, española e universalista, exprésase con tal naturalidade que unha reacción digna dos afectados é cualificada como produto dunha perturbación nacionalista pola camarilla que a rodea. O seu esquema mental traduce a perspectiva de quen, en nome dos principio de igualdade,unión e democracia, arrasan o dereito do diferente a exercer como tal. A súa igualdade demagóxica e a súa unidade sacrosanta funcionan como tapadeiras para agachar un statu quo desigual, unha unidade xerarquizada, discriminatoria, inzadas de estereotipos e prexuízos ideolóxicos e emocionais. A exteriorización do seu prexuízo anti-galego pola Sra.. Díez , o seu empeño en consideralo natural, sen rectificación algunha, mentres arremete o seu entorno contra os ofendidos, acusándoos de seren perturbados nacionalistas, revelan cal é a súa concepción da igualdade e da unidade: cabe o desprezo pexorativo contra un pobo, ao que se lle esixe, ao mesmo tempo, submisión e obediencia cega. Asemade proban a quen atribúen a responsabilidade perturbadora do exercicio da dignidade colectiva, ao nacionalismo. Leer o resto …
25 Febreiro, 2010
Autoodio, Galiza
Non hai comentarios
Provoca mágoa e cabreo observar como, en momentos críticos, algunhas institucións recorren ao narcótico localista para confundir e desorientar as masas (así consideran o pobo). De forma premeditada encamíñanas por vieiros suicidas, despistándoas sobre as verdadeiras causas dos problemas e a respeito das alternativas para elas beneficiosas. Fano en nome dos intereses da cidade, da vila ou concello propio. Exasperan un localismo asentado nun individualismo primario, escravo dunha agresiva e acrítica emotividade, que se alimenta da frustración e que se proxecta contra o próximo, o irmán, o compatriota. O españolismo –os poderes reais a prol da subordinación da Galiza, da eliminación da súa capacidade e coesión políticas- xoga sempre con este poderoso factor de descomposición nacional, colectiva. Emprégano especialmente en contextos conflitivos, de confrontación entre necesidades e intereses internos e deseños externos. Pretenden así enfraquecer a reivindicación, a demanda, a necesidade nacional galega, dividindo a súa forza. Leer o resto …
1 Febreiro, 2010
Autogoberno, Galiza, Nacionalismo
Non hai comentarios
O sentimento de españolidade, trasunto da subordinación, que se vive como dependencia necesaria e desexada, cústanos moi caro aos galegos. Non é casual que a chamada á recuperación da nosa condición de galegos e galegas, por enriba de outra impostada, se expresase na contundente aseveración rosaliana “Galicia, non debes chamarte nunca española…” ( “A Gaita galega”, resposta ao eminente poeta republicano español, Ventura Ruíz Aguilera, que non gostou nada dela). Hoxe, máis que nunca, segue a ser esta unha das chaves para a nosa rexeneración como pobo (autoestima, confianza na nosa capacidade e na potencialidade do país, fraternidade e igualdade). A españolidade nen provoca nen conduce a nada disto. Provoca desafección, desconfianza, individualismo, admiración papona pola hierarquía do poder… Leer o resto …
18 Xaneiro, 2010
Autogoberno, Autoodio, BNG, Capitalismo, Economía, Galiza, Nacionalismo
Non hai comentarios
Corren tempos de confusión. Non é menor a que aferrolla a moitos ideoloxistas que din renegar do sistema capitalista. Unha das máis pertinaces características da esquizofrenia existente é a do altermundista que non asume unha política real anti-globalizadora. Podemos darlle as voltas que queiramos, pero a rectificación do proceso globalizador pasa pola asunción da política nacionalizadora, polo exercicio da soberanía ou capacidade de decisión democrática das nacións. Con esta lóxica e con este obxectivo teremos que articular unha mentalidade internacional pacifista, pois certo é que todos formamos parte dun mundo común. Se esta orientación é válida para as nacións con Estado, resulta imprescindíbel para as que non o posúen. O nacionalismo é, consecuentemente, a alternativa que, nestes casos, expresa esta aspiración. Leer o resto …
8 Xaneiro, 2010
Cultura, Galiza, Política
Non hai comentarios
Non debe existir ningún caso de peregrinaxe, sexa de intención relixiosa ou turístico-cultural, que contribúa tanto a anular o país receptor como a celebración xacobea. Non temos dúbida, porén, de que, con outra orientación no poder político gobernante, sería unha oportunidade especial para proxectar cara a nós mesmos e aos de fóra unha realidade histórica, patrimonial, cultural e socio-política a mantenta agachada. Mais a oportunidade profiláctica devén narcótico, hipnotización e anulación do noso ser colectivo, Galiza. Unha pada máis, e non menor, que o enterrador oficial bota na cova fonda da nosa desmemoria e da nosa negación histórica. Cando dentro, na Galiza, o contributo da Xunta, da Igrexa católica e de todas as institucións é tan entusiasta para evaporizarnos, non cabe esperar fóra, onde orixinariamente se xestou o proceso anulador, máis que colaboración natural. Leer o resto …
23 Decembro, 2009
Galiza, Lingua
Non hai comentarios
O ingreso de Manuel Rivas na Real Academia Galega é unha boa nova. Galiza, nestes tempos que corren, está necesitada de escritores que non deserten dos compromisos básicos: a defensa de Galiza como pobo, como nación; o dereito á existencia da nosa lingua e a súa identificación como propia; o respeito por quen, de formas diversas pero ben intencionadas, traballa politicamente a prol destes compromisos. Por circunstancias históricas, a nosa cultura, nomeadamente a nosa literatura, ocupou un papel senlleiro como símbolo e síntoma da consciencia nacional. Desde a súa autonomía artística, foi parella ao impulso ideolóxico, social e organizativo que reivindicou a nosa diferencia, a nosa existencia específica. Este paralelismo non ten desaparecido totalmente tampouco nos últimos tempos, malia a pretensión infantil de quen aparenta vivir unha situación normal. Leer o resto …
28 Outubro, 2009
Autoodio, Galiza, Lingua
Non hai comentarios
Resulta todo un síntoma os reiterados intentos do españolismo por restaurar, a efectos de usos oficiais, o topónimo “La Coruña”. A legalidade nesta materia fundamentouse, con bo criterio, no feito evidente de que a toponimia na Galiza fora sometida a un proceso de deformación desde o século XIV ao século XX por parte da autoridade administrativa. O obxectivo foi, durante estes séculos, deixar marca, pegada, da lingua oficial imposta nas formas orixinarias, naturalmente vinculadas á lingua natural, propia, do país, o galego. O resultado foi o hibridismo (Puenteareas), a castelanización fonética prepotente (Sanjenjo), a anulación do significado (Lage) ou un suposto equivalente esperpéntico (El Niño de la Guía). Había que rebautizar os nomes dos lugares, deixando claro quen era o vencedor e os seus dereitos: inxectar arbitrariamente pegadas da súa lingua. O sistema, no seu conxunto, deveu ferido, lañado e incoerente. A racionalidade e a verdade esixían a restauración do rostro orixinario. Así actuou o Parlamento de Galiza en 1983. Desde entón os topónimos galegos deben ter como única forma oficial, a orixinaria, non deformada, a galega. A Coruña é a única forma oficial válida, como Viveiro, As Pontes, Pontedeume, Vilarmaior ou Ferrol. Leer o resto …
13 Outubro, 2009
Galiza, Historia de Galiza
Non hai comentarios
Son asiduo da Biblioteca Universitaria do Patín, un fermoso edificio do século XVIII reabilitado para tal fin, sito no campus de Esteiro (Ferrol). Alí pasei revista a grande parte dos libros que posúen onde puider achar referencias á historia medieval galega. É unha bibliografía case sempre en español e de orientación españolista, anuladora de nós como entidade política, mais moitas veces capaz de fornecer ao leitor advertido moita información proveitosa sobre Galiza. Sen querer, poñen en evidencia o que, consciente ou inconscientemente, desexan agachar ou dan como naturalmente inexistente. Nela albiscamos e constatamos a existencia da Galiza cunha vitalidade, un poder e un dinamismo inegábeis. Colaboran os seus autores e autoras nestas versións académicas a suplantarnos politicamente por León ou Asturias, na Alta e na Baixa Idade Media, pero a forza da verdade aboia. Canta máis rigorosa é a súa erudición, máis asombra o que, inxenuamente, nos descobren moitos destes libros, maiormente publicados polas Universidades de Castela-León, coa colaboración económica da Junta. Traballan nunha liña de investigación ad maiorem gloriam suam, na que inevitabelmente o “solar galaico” é inesquivábel. Leer o resto …
« Entradas anteriores