Martes, 10 de maio

Boas, xa levamos uns días de campaña percorrendo o pais. Conste que a min non me colle de novas, levo meses co coche para arriba e para abaixo vendo os problemas que ten Galiza.
Precisamente esta mañá estiven con mariñeiros da confraría de Barallobre falando do estado da pesca. Malos tempos para a nosa frota que non gaña para sustos cos recurtes e as políticas reducionistas da UE. E triste papel o da Xunta e do Goberno central que se limitan a dar acuse e recibo, avalan a política letal comunitaria en materia de pesca.
Asinei o manifesto que me entregaron na confraría en defensa dos sectores produtivos, en concreto a pesca e o marisqueo. Non hai outra, temos que defender o noso como sexa. E cando estou perto e vexo o que sucede, téñoo claro: Galiza necesita política nacionalista e poder político.

Non teño moito tempo, estou cun tardío xantar en Razo coa súa impresionante praia ao fondo e en nada marcho para Carballo. Alí faréi unha visita ao parque empresarial de Bértoa co noso magnífico alcalde carballés, Evencio Ferrero. Así que vou apurar o café e tiro para adiante que no serán toca mitin en Betanzos.


12345 (Non valorado)
Loading ... Loading ...

Fai un comentario