O día despois

Boas, aquí estou no día após do tan ansiado 22 M. En primeiro lugar, quero darvos as grazas a todos os que confiástedes no BNG, a todas as que votástedes ao nacionalismo galego. Fixéstedes un traballo excelente compañeiras e compañeiros, candidatos e candidatas, militancia toda do BNG. Hai que sentir orgullo pola organización que temos porque grazas a vós acadamos estes resultados.

Temos 260.349 votos cunha porcentaxe do 99.67% escrutado. Obtivemos maiorías absolutas en 11 concellos cando no ano 2007 tiñamos 8. Tamén fomos a lista máis votada nun total de 23 concellos cando no ano 2007 o fomos en 17 concellos.
A sumatoria final dános un total de 590 concelleiros e concelleiras repartidos por todo o país.

Digamos que son dados que podemos cualificar de moderadamente satisfactorios. E unha leción que hai que ter presente: nos concellos como Pontevedra onde a alcaldía é nosa, é do BNG, a xente nos respalda e medramos. Por algo será.
Ánimo e agora toca traballar.


12345 (6 votos, media: 3,00
Loading ... Loading ...

10 Comentarios en “O día despois”

  1. Sentíndoo moito, Guillerme, non creo que se podan calificar de «moderadamente satisfactorios» uns resultados nos que o BNG perde presenza en case toda Galiza.

    O BNG perdeu 54.000 votos. Tantos que poderíamos habitar unha cidade enteira de mediano tamaño con eses ex-votantes.

    O BNG ven de sufrir unha gran derrota e o peor de todo, é que o BNG leva en caída libre moito tempo e canto antes se den conta os dirixentes do partido, antes se poderán poñer a traballar para recuperar o que foi o BNG en tempos.

    O BNG ilusionaba co seu discurso claro, hoxe desilusiona sendo unha sombra do que foi.

    Cómpre realizar unha profunda autocrítica, cousa que o BNG non fixo nunca.

    A campaña centrouse en dicir que se non votas ao BNG virá a terrorífica dereita ou a desfeita do PSOE, é dicir, unha campaña en negativo. Iso non ilusiona a ninguén.

    A campaña tiña que ser en positivo, lembrando porqué o BNG e a forza á que hai que votar.

    En definitiva, o BNG está cometendo moitos erros e non se está dando conta de moitas cousas. Eu bótolle a culpa as nefastas loitas internas.

    Autocrítica señores, ou aquí teredes un votante menos.

    Well-loved. Like or Dislike: Thumb up 10 Thumb down 4

  2. De acordo con Marcos , deben escoitar as bases e os simpatizantes que son que lles dan os votos, as loitas internas son debidas dende o meu punto de vista a conseguir poder por parte das persoas que manexan as distintas tendencias,nin de temas ideoloxicos se trata o asunto ,como se de un partido de extrema dereita se tratara,unha vez conseguido, enton xa non se diferencia en nada, coches oficiais, papatorias varias e xa para colmo entrevistas persoais en procesos selectivos que puntuan o que o entrevistador lle ven en gana, manda carallo, como se non tiveremos abondo con Fraga,onde queda a esquerda,os traballaderes, a igualdade de oportunidades, a humildade ,si ,srs si a humildade, onde quedamos nós, os que sempre vos apoiamos, e loitamos durante moitos anos contra corrente, incluso tendo que marchar da terra ,por non ter futuro nela…….vendo como polo poder vos pelexades e vivides no autobonbo e na opulencia sen moito disimulo ala onde votantes vos dan responsabilidade de goberno. Como Marcos pola miña parte esta foi a última oportunidade que vos dou confio que saibades aproveitala

    Well-loved. Like or Dislike: Thumb up 8 Thumb down 1

  3. Decir que son moderadamente satisfactorios cando perdes 54.000 votos e concelleiros nas principais cidades…. cando vai facer o Bloque autocrítíca?

    Gústache ou non che gusta: Thumb up 4 Thumb down 2

  4. Ao meu xuízo a primeira medida que se debería tomar é pasar á oposición, non pactar co PSOE, absternos aínda que con iso perdamos algunha alcaldía. O pobo ditou sentenza. Seguir a rebufo do PSOE levásenos á desaparición. Se dicimos «NON as políticas neoliberais do PSOE e do PP»; debemos ser consecuentes e non utilizar frases que quedan en meros eslóganes. É máis estas políticas lévannos a perder votos e apoio social. En conclusión debemos escoitar ao pobo, recoller as inquietudes de toda esa xente indignada, traballar con honestidade nun proxecto ilusionante con coherencia e non máis do mesmo servindo de bobos útiles do PSOE para que algúns se monten en coche oficial, mentres o PSOE nos fagocita e rise de nós nosos propios fuciños.
    Se o PSOE queda sen os gobernos do Lugo, Ourense, Deputación e outros non é porque o BNG se abstéña, é a sentenza que ditaron as urnas. É a coherencia estimado Guillermo.

    Un saúdo compañeiro

    Well-loved. Like or Dislike: Thumb up 8 Thumb down 1

  5. Pactar ou non pactar Xan non me parece tan importante, si me parece importante diferenciarse de eles, ir rua por rua, casa por casa, barrio por barrio,falando ca xente preguntandolle polas suas inquedanzas os maiores, os mozos, ainda que non que non haxa competencia sobre os problemas plantexados levando os plenos dos concellos as suas demandas de ser estas honestas e viables,»estivo pola feira falando ca xente Santi Dominguez»……¿e logo? ¿a que veu había alguha festa?….non,nada preguntaba como iba polo barrio e anotaba nunha libretiña, por certo dixemoslle o da pintura da fachada do local social e dixo que iba plantexalo no concello,como fan en concellos pequenos compañeiros, que por certo nin cobran nin piden nada a cambio e como sempre se fixo cando o BNG era BNG ,e dicir,un partido de esquerdas nacionalista, humililde e achegado a xente, así, está medrando o voto r rural, mentras nas cidades como están subidos en coches oficiais,pra vergoña deles ,e desgracia nosa claro ,non se diferencian en nada dos socialistas, e por tanto o votante urbano escolle dereita ou esquerda, e o que escolle esquerda pois os socialistas que son os que máis posibilidades teñen de ganar, «voto útil «»total BNG e socialistas son os mesmos».

    Gústache ou non che gusta: Thumb up 2 Thumb down 0

  6. Ben certo é que, en termos de alcaldías gañadas e perdidas, os resultados non son unha catástrofe. Pero se nos poñemos a mirar a diferenza de votos, de concelleiros, os resultados nas cidades -especialmente nas tres cidades coruñesas e na súa deputación provincial- é para, cando menos, pensar que algo está a fallar.

    Vamos xa pola metade da lexislatura autonómica, e a este ritmo, é máis que evidente que o actual presidente da Xunta vai ampliar e renovar a súa maioría absoluta outros catro anos e sen ningún esforzo, malia que a súa acción de goberno sexa nula para este país.

    Espero que no BNG entendan isto e sexan quen de comezar un proceso de reflexión, sen présas, e sen excluír a ninguén, no que se busque un cambio de rumbo (que non de ideas) pois co actual, está claro que non se vai a ningures.

    Un saúdo.

    Well-loved. Like or Dislike: Thumb up 4 Thumb down 0

  7. Nas próximas o 5% e diredes que foi um sucesso!!!

    O BNG está moribundo desde 2001 por não se refundar aceitando as teses de Camilo Nogueira. E nesta vida há que mudar de forma permanente, senão comen-te os bichos!!

    Saúdo,

    :-)

    Gústache ou non che gusta: Thumb up 1 Thumb down 1

  8. Manuel, refundar aceitando as teses de Camilo Nogueira, a que te refires a apoiar o Tratado de Mastrich? como fixo Camilo. Un tratado que sentou as bases do que hoxe vemos. Os problemas do BNG viñeron entre outras cousas polas Quintanadas e por politicas como as de Tello na Coruña. O BNG debe facer unha politica de esquerdas propia e nonser muleta do PSOE para que catro viaxen en coche oficial e traxeados presumindo de bos xestores Hai que poñer a faena e estar co pobo

    Gústache ou non che gusta: Thumb up 2 Thumb down 0

  9. E moi fácil facer crítica alén, na soidade protexida do escudo que nos alonxa das responsabilidades.
    Coidando que todos temos que mellorar o noso traballo e esforzarnos máis cando asumimos responsabilidades diante dos homes e mulleres nacionalistas do noso pais, ahínda así, e sendo consciente do grande esforzo que se tivo que facer para conter a marea de gaivotas corroñeiras do PP, coido que os resultados foron positivos, importantemente positivos.
    Temos que partir da posición de desgaste que vimos sufrindo dende hai tempo, cuns resultados desastrosos nas últimas elecións autonómicas, na que tivemos que eisixir responsabilidades, e da cal como resultas, tivo que sair Anxo, e decidimos que foxe Guillerme quen ostentase a portavocía. Dende entón, calquer que teña un mínimo conhecimento de traballo no campo nacionalista, de esquerdas e social, daráse conta das dificultades de endereitar o rumbo, retornando os calados sociais (traballadores en xeral e pequenos empresarios, mundo da cultura, etc. Traballar nos concellos e para os concellos (mundo rural e urban); Confrontar cun governo da Xunta que non dubida na sañoxa agresión a nosa língoa, os nosos direitos sociais, a nosa sanidade, o no ser como povo.(que foi respostado po lo BNG CON ENERXÍA E BRILANTEMENTE)
    para rematar, coidando a brevedade, fixeron, os actuais responsábeis do BNG, no concreto Guillerme e a responsábel de organización (Ana), para tampouco tempo do que dispusemos, un esforzo de traballo planificado encomiábel. Os resultados ben queridos compañeiros, alí donde se traballou pegados a nosa xente, a sociedade galega, déronse resultados moi positivos, non teño que lembrar como os resultados en Pontevedra, Poio, Bueu, Moaña, etc, deberían ser fonte de estudo para podelo estender o resto dos concellos do pais, potenciando así a iniciativa nacionalista. Son un convencido que iste e o camiño que nos levará a permeavilizar coas nosas ideas , cos nosos sentimentos a maioría da sociedade, da povoación galega, que nos está vendo como referente. Adiante Guillerme, temos que levar adiante a máxima ilustrada, «todo para o povo pero con o povo», isto lévanos a consolidar o campo nacionalista, e a estendelo de feito concomitante. Felicítovos´po lo traballo os que vos destes conta de que de costas a sociedade no hai futuro. Consolidados concellos con maioría absoluta, os que temos con maioría para governar, e alí onde cos noso votos poñamos enriba da mesa as nosas inquietudes.
    A aqueles, que sospiran por tempos pretéritos e que pensan que coa soia propaganda, sa se carrexan os votos, a ises, dígolles que teñen que facer autocrítica, que no mellor dos casos, en vez de que pidan responsabilidades, habería que pedirlles responsabilidades a eles po la sua atuación activa ou pasiva. Saudos e adiante coa frente erguida, pois o futuro e noso.

    Gústache ou non che gusta: Thumb up 1 Thumb down 0

Fai un comentario