Intervención na concentración en contra da reforma da Constitución na praza do Obradoiro

Como sabedes, o BNG está a desenvolver unha campaña para expor a nosa posición en contra da reforma da Constitución e en demanda dun referendo. Tivemos concentracións nas sete cidades galegas e o venres, día 2, estivemos na praza do Obradoiro dicindo «NON» a esta reforma da Constitución. Velaquí vos deixo a miña intervención nese acto no que estiveron membros da Executiva e cargos orgánicos e institucionais do BNG.

Un momento da intervención na concentración do Obradoiro

Un momento da intervención na concentración do Obradoiro


Bos días

Estamos aquí para reiterar o noso rexeitamento como galegos e galegas, como demócratas, da farsa anidemocrática que hoxe ten lugar no Congreso.

PP e PSOE, sen fisuras, impoñendo esta reforma da Constitución están a executar un auténtico “Tejerazo” político, un “Tejerazo” dos mercados!

Estamos diante dun atentado sen precedentes recentes contra a democracia no Estado español . A gran coalición PP/PSOE eleva a categoría constitucional un dogma da política neoliberal. Fan constitucional o límite ao déficit público. De facto, ilegalizan calquer política económica alternativa favorábel aos intereses do pobo, da maioría social, ou favorábel para as nacións como Galiza.

É un atropelo e ademais un disparate antidemocrático.

A contrarreforma da Constitución que está a executar a “grandecoalición” PP/PSOE -as dúas caras da mesma moeda- é antigalega, antidemocrática, antisocial. E ademais, inútil, inconveniente e innecesaria.

É unha reforma exclusivamente feita para servir aos intereses do capital financieiro, especuladores, usureiros do século XXI, se o preferides.

Concentración contra a reforma da Constitución no Obradoiro

Un cento de persoas se reuniron na praza do Obradoiro


A reforma que quere impor a Grande Coalición é unha reforma imposta polo capital, polo BCE, pola emperatriz Merkel.

É ademais, unha fuxida cara o abismo, entregados como están aos intereses da gran banca, persisten en aplicar receitas económicas que, ao tempo, empeoran as condicións de vida e traballo de millóns de persoas, non calman -como din pretender- a especulación, ao contrario, canto máis ceden ante as súas esixencias, máis esixen os especuladores por pura lóxica.

Sabémolo nós, tamén o saben PP/PSOE. Poden repetir mil veces que toman esta decisión libremente polo ben de España, como din (por certo, de que España?), pero minten. Saben que minten e nótaselles e por iso actúan con cobardía política.

Non queren debate público. Propoñen a reforma en agosto e pretenden que remate a semana que vén. Rápido, rápido, con nocturnidade e alevosía. Nada de referendos porque xa sabedes que os referendos cárgaos o demo.

E por se non lles chegara, até pretenden encorsetar o debate no propio Congreso. A decisión da mesa do Congreso de limitar de que se pode discutir e de que non é un auténtico atropelo, un escándalo que, ao tempo, é unha mostra de debilidade da Gran Coalición.

Amigos, amigas

Son máis, mais non teñen razón. E necesitan calar calquer voz crítica. Pero, que democracia é ésta? Pódese falar do principio de autodeterminación, da República. Como que non?

Queren impor un pensamento único. Ilegalizan alternativas, ilegalizan as ideas diferentes. De aí, á exclusión total dos diferentes só hai un paso.

Estamos diante de feitos consumados de extraordinaria gravidade e con consecuencias desastrosas ante os que non é posíbel calar ou permanecer indiferentes: retallamentos dos salarios, precariedade laboral, retallamento dos servizos públicos, da sanidade, da educación, dos servizos sociais, venda do patrimonio público, privatización, negocio. Coas decisións da Gran Coalición PP/PSOE a banca gaña, o pobo galego perde.

Dinamitan o sistema de representación política. Afondan a crise de lexitimidade do sistema democrático vixentes. As leis díctanas poderes non elexidos por ninguén. O pobo vese reducido ao papel de figurante necesario da gran farsa.

Esta reforma, e non é unha cuestión menor ou secundaria, trae tamén consecuencias para o autogoberno. As xa de por si máis que limitadas competencias do Estatuto víranse inexistentes definitivamente. Os gobernos autónomos serán simples xestorías das decisións do poder central.

Eliminaron a capacidade de decisión sobre as caixas. Agora impiden calquer posibilidade de avance cara a autonomía fiscal. Calquer posibilidade de política económica propia.

Déficit cero, democracia cero, autogoberno cero. É ao que nos conducen PP e PSOE, de disparate en disparate. Por certo, de que reforma estatutaria nos estará a falar o PSOE?

Compañeiros, compañeiras

Hoxe é un día negro para a democracia, por moito que estean contentos Merkel, Zapatero ou Feijóo. Mais tamén é un día para a esperanza, porque hai enerxías sociais dispostas a frear a involución política e social impulsada polo PP e o PSOE. Porque hai forzas, como o BNG, dispostas a enfrentarnos, custe o que nos custe, á política da grande banca, da grande coalición. Custe o que nos custe. Porque merece a pena tomar partido por Galiza, pola súa maioría social. E o BNG faino.

Reiteramos:
Reforma da Constitución non. Menos aínda pola porta de atrás. Xa que logo, debate libre. Referendo!
Faixa da concentración contra a reforma da Constitución no Obradoiro
Compañeiros, compañeiras

Ás veces, pode parecer que os problemas non teñen solución, que é imposíbel cambiar as cousas, que é imposíbel vencer aos poderosos. Pode parecer, pero non o é.

Hai instrumentos que podemos e debemos utilizar: a mobilización social, tamén o voto. As eleccións xerais do 20-N son unha boa ocasión para apostar por forzas políticas alternativas, para apostar polo BNG.

Porque sí hai alternativa: a que vén formulando o BNG: democracia, autogoberno, soberanía política, cambio radical da política económica.

Hai alternativa:

Regras aos especuladores financieiros
Reforma fiscal para que pague máis o que máis ten (e teñen moito)
Control dos paraísos fiscais
Menos gasto militar
Supresión das Deputacións
Menos gasto improdutivo e máis gasto produtivo e social
Outro modelo de UE

Amigos, amigas
Frente á involución, frente a este golpe de estado encuberto, rebelión, mobilización. Hai alternativa!, hai futuro! Só temos que estar dispostos a conquistalo!


12345 (Non valorado)
Loading ... Loading ...

Fai un comentario