Isto é o que hai de Outubro, 2010

Outubro 18th, 2010

«Precisamos de máis soberanía e non de máis recentralización»

Achégovos a íntegra do discurso que pronunciei o xoves 14 de Outubro na Coruña, na palestra do Forum Tribuna Europa:

Comezarei cos agradecementos: ao Foro Nova Economía polo seu convite, a todas e a todos por estardes neste acto e a Xosé Manuel Carril pola súa amábel presentación.

Vivimos tempos complexos. Tempos cambiantes, difíciles. Tamén tempos de oportunidade, tempos de compromiso: compromiso coa sociedade, compromiso con Galiza. read more »

Outubro 6th, 2010

«En que nos beneficia ás galegas e aos galegos a Europa dos Estados? En nada»

Ola a todas e todos!

O pasado sábado tiven a honra de clausurar as xornadas que a Fundación Galiza Sempre organizou en Santiago sob o títulod e A Crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos.

Achégovos aquí o contido literal da miña intervención:

Amigas e amigos

É para min unha honra intervir na sesión de clausura destas xornadas que a Fundación Galiza Sempre ten organizado baixo o suxerente título de A crise e o futuro de Europa. A perspectiva dos pobos read more »