Isto é o que hai de Marzo, 2011

Marzo 22nd, 2011

GZ nuclear? Non, grazas. E non tamén á guerra!

O nacionalismo sempre foi unha forma de ollar o mundo desde Galiza. Sempre tivemos posición sobre os temas que máis preocupan á Humanidade. Non podía ser doutro xeito: defender a propia Terra é a mellor forma de defender a Humanidade.

Estes días a axenda política mundial está marcada por dous acontecimentos de extraordinaria envergadura: a ameaza nuclear no Xapón -infelizmente, máis que ameaza, incidente gravísimo xa consumado- e a intervención militar en Libia.

Sobre estas d√ļas cuesti√≥ns o BNG ten fixado posici√≥n con clareza e sen ningunha ambig√ľidade, converxendo coas correntes de opini√≥n m√°is progresistas e avanzadas do Planeta.

Verbo da enerx√≠a nuclear, temos reivindicado o noso legado hist√≥rico. Desde o Xove Nuclear, Non at√© as mobilizaci√≥ns contra as verteduras na foxa atl√°ntica, o nacionalismo galego sempre defendeu a Terra e se opuxo ao uso dunha enerx√≠a cun potencial destrutivo verdadeiramente aterrador. Quero dicir aqu√≠ que neste caso as teses hist√≥ricas do nacionalismo galego son dunha modernidade extraordinaria. O tempo veunos dar a raz√≥n: a enerx√≠a nuclear √© unha ameaza para o futuro da Humanidade e ten que ser sinxelamente substitu√≠da por fontes de enerx√≠a que non po√Īan en risco a vida no Planeta. Os apoloxetas de toda condici√≥n da enerx√≠a nuclear -alg√ļns pol√≠ticos moi conspicuos do PP e do PSOE- hoxe por certo est√°n calados como petos. Agardan, claro est√°, que escampe…

MILES DE CIV√ćS INOCENTES MORTOS EN AFGANIST√ĀN E IRAQUE

GZ nuclear? Non, grazas. E non tamén á guerra, naturalmente. Que vai resolver a intervención militar en Libia? Absolutamente nada. Que resolveu en Afganistán ou Iraque? Como se protexe á poboación civil? Bombardeando? Esta forma curiosa de protexer os inocentes custoulle a vida a miles de civís indefensos en Afganistán ou Iraque.

O cinismo dos promotores desta agresi√≥n inxustific√°bel -Estados Unidos ao frente e o Estado espa√Īol unha vez m√°is entre eles, antes con Aznar-PP, agora con Zapatero-PSOE- non ten limites. Por que se interv√©n en Libia e non en Bahrein, onde a monarqu√≠a feudal sufoca a sangue e lume un levantamento popular? Ben, en realidade, en Bahrein si que se interv√©n, atrav√©s dun testaferro, o Ex√©rcito de Arabia Saud√≠, pero non para porse ao lado do pobo sen√≥n do Rei represor! Cabe m√°is hipocres√≠a?

O nacionalismo galego sempre estivo a favor do diálogo e da acción diplomática -chegando a sancións económicas se for necesario- como vía para resolver os conflitos. A vía militar non é tal, é só unha vía para a destrución e, iso si, para a anexión de territorios fértiles en gas e petróleo.

Marzo 7th, 2011

13-M: un bloque social para defender o País

Comeza unha semana moi importante para as e os que defendemos un futuro distinto para o noso Pa√≠s. √Č a semana da manifestaci√≥n do 13-M que convocamos conxuntamente BNG e CIG baixo o lema de Galiza ten Dereito, en defensa do Aforro, o Emprego e o Pa√≠s. Unha mobilizaci√≥n que ten como obxectivo p√≥r en marcha todas as enerx√≠as do noso pobo en defensa de principios b√°sicos para calquer naci√≥n: o dereito a dispor do seu propio aforro, o dereito a desenvolver pol√≠ticas que cr√≠en riqueza e postos de traballo dignos, o dereito ao pleno autogoberno.

Estou esperanzado porque sei que non estamos s√≥s. Sei que canda n√≥s est√° un bloque social de miles de galegas e de galegos que se ten expresado con moita clareza durante estes dous primeiros anos de desgoberno Feij√≥o. Un bloque social que se ten botado √°s r√ļas para defender a s√ļa lingua frente a un Goberno que no canto de protexela fai todo o que est√° na s√ļa man para minorizala; un bloque social que tam√©n ten protagonizado mobilizaci√≥ns hist√≥ricas en defensa dos nosos hospitais p√ļblicos ou que ten convertido a Galiza, nas d√ļas folgas xerais, na vangarda das protestas contra as medidas antisociais adoptadas polo Goberno do PSOE.

A VOZ DA R√öA FRENTE AO DESGOBERNO FEIJ√ďO

A forza deste pobo ningu√©n a poder√° deter. Por moita blindaxe propagand√≠stica da que dispo√Īa o desgoberno Feij√≥o, a voz da r√ļa vaise acabar abrindo paso. Por dignidade, por xustiza e por necesidade material elemental. Coas pol√≠ticas que patrocinan PSOE e PP atrav√©s dos aparatos gubernamentais do Estado e da Xunta, Galiza non ten futuro. √Č algo que vai al√©n da crise. Levamos s√©culos aturando os efeitos negativos das pol√≠ticas centralistas, de pol√≠ticas pensadas para realidades distintas da nosa. √Č hora de apostar claramente por n√≥s propios, polas nosas propias forzas, por unha v√≠a xenuinamente galega.

TRABALLO NAS INSTITUCI√ďNS E MOBILIZACI√ďN SOCIAL

Levamos ben m√°is de ano e medio criticando o que hai -basicamente as propostas neoliberais de PP e PSOE- e dicindo a continuaci√≥n que si hai alternativa, porque a hai. E levamos ben m√°is de ano e medio dicindo que o BNG concibe a pol√≠tica non s√≥ como a pr√°ctica do traballo nas instituci√≥ns, sen√≥n tam√©n como mobilizaci√≥n social. Non pode haber pol√≠tica nacionalista e de esquerdas sen a suma do traballo institucional e a mobilizaci√≥n social. En definitiva, Galiza non ten futuro se o pobo galego, e as maior√≠as sociais, non participan activamente na vida p√ļblica. E a√≠ os formatos son m√ļltiples: indo a manifestaci√≥ns, acudindo a actos e a asembleas, ensanchando as redes sociais, vertebrando o Pa√≠s por abaixo, falando con compa√Īeir@s e amig@s no traballo ou nos espazos de lecer…

Estamos no momento en que ese bloque social debe ser o protagonista. Estamos no momento en que ti, amábel leitor deste blog, tes que ser o protagonista. Está nas nosas mans. Realmente nós temos o poder porque somos máis. O que temos é que animarnos a exercelo. O que temos é que derrotar a lóxica da inercia e da resignación. O que temos é que pelexar polo Futuro, como fixeron os que nos precederon e os que conquistaron as cousas -o aforro, o emprego, certos dereitos sociais- que agora os neoliberais de toda caste pretenden arrebatarnos. Non llelo permitamos. Galiza ten Dereito. Fagámosllo saber este domingo en Santiago de Compostela. Demostrémoslles do que é capaz o pobo galego.