Isto é o que hai de Maio, 2011

Maio 17th, 2011

Días das Letras

Hoxe xa nen poño a data porque basicamente é o Día das Letras galegas. Unha xornada de homenaxes a Lois Pereiro e ao galego. Máis pídovos que fagades tamén un exercicio de reflexión pausado sobre o estado da nosa lingua. Sobre os ataques que o PP está a perpetrar desde a Xunta ao que é un patrimonio de todos os galegos e galegas. Pensade no devir da nosa lingua, no seu día a día. E sobre todo, non deixedes de utilizala. É a mellor garantía para que siga existindo, e a mellor resistencia aos decretos anti-galego do PP.

Deixo unha foto do mitin de onte á noite en Ferrol. Ateigado de xente como podedes ver. Son momentos de falar de política con maiúsculas, política como servizo público algo que se anulou nos últimos tempos. Foi a ausencia de política, a idea de que os mercados se regulaban soliños un dos factores que causaron a crise.
Como alternativa a tanta desfeita, reivindico unha política galega e de esquerdas. Exhibo con orgullo a opción do BNG.

Maio 16th, 2011

Luns, 16 de maio

Vaia domingo que tiven! Movínme mais que os prezos. Ilustro a xornada cunhas fotiños: pola mañá en Vigo presentando o programa de medio ambiente. A mediodía estiven nun xantar con case 1.000 persoas. E pola tarde nun masivo mitin de Allariz. Máis a pesar do tute marchéi para a cama moi contente. Vin ambiente, vin movemento, e sobre todo, vin a moita xente.

Por iso reiteréi a necesidade de votar ao BNG o 22 M. Pedín un exercicio de reflexión porque hai que votar pensando no día despois. E se algo está claro é que hai que cambiar as políticas de dereitas. Co que hai actualmente, perden as maiorías sociais e gaña a banca. É como un casino, sempre gañan os que máis teñen. Xogámonos moito. Está en xogo frear á dereita e parar unhas políticas que nos están a levar ao desastre social. Só hai dúas opcións: ou BNG ou máis PP.
E teño un especial pensamento para a mocidade, esa mocidade que máis sofre o paro e a falla de expectativas futuras. E á que Feijóo nada ofrece máis que os buratos do paro e da emigración. Aquí está unha alternativa diferente, de esquerdas e galega: o BNG.


Maio 15th, 2011

Domingo, 15 de maio

Acabo de meterme no twitter para facer algunhas entradiñas. Pola mañá mentras almorzo á cando teño uns momentos de tranquilidade para twittear ou bloguear. Tamén aos mediodías pero hoxe hai mitin-xantar en Narón, co cal nada até a noite.
Miréi a prensa, paréime nas enquisas e non está nada mal. Partindo da base de que non hai que crer nelas, normalmente só falan dunha tendencia. Máis alá do baile de dados e números de concelleiros/as, fixádevos nunha cuestión: «os gobernos de Carballo e Pontevedra, os mellor valorados». Así se recolle. E, quen goberna en ambos municipios? o BNG of course.
Alí onde gobernamos hai bós resultados. Repasade os concellos e comprobarédelos por vós mesmos.

Levo días con esta teima pero aínda a risco de ser un turras, teño que dicilo. Ide a votar. É importante. Un dos maiores desexos do PP é que a xente non acuda a votar. Que vos quededes na casa. Por que? Porque se ides votar o PP perde. SOmos máis, estou convencido de que a maioría social de Galiza non está co PP nen coa súa política de retallamentos e de clausura do sistema públco. Díxeno estes días: o PP é paro, privatizacións masivas e negocios para os seus amigos.

Aquí van unhas fotiños do mitin de Santiago de onte á mañá e de Tomiño pola tarde.

Maio 14th, 2011

Sábado, 14 de maio

Boas, aí van unha fotos do mitin de Ourense de onte á noite. Encántame o retrato no que se ven as bandeiras do BNG. Soe ser o momento final no que se erque a xente e sube a música. É emocionante.
Logo podedes verme falando desde o atril, estou un pouco lonxe pero mellor así, nas fotos de primeiro plano vénseme até os cortes do afeitado. Voume preparar que en breve marcho para o mitin de Santiago.