Entradas etiquetadas ‘Leite’

Xu帽o 12th, 2010

Con produtores de leite: son este Pa铆s

Onte estiven con produtores de leite. Cada vez fican menos. Son capaces de producir leite de calidade e a prezos moi competitivos. Gastaron o que non ti帽an (ou sexa, que se endebedaron) para modernizar as explotaci贸ns e para as adaptar 谩s esixencias de Bruxelas ou Madrid. Por que van quedando menos? Porque non hai pol铆ticas que os protexan e por que non se garante un prezo que lles permita vivir con dignidade. Pero resisten, loitan polo seu futuro, non se renden, apesar de todas as dificuldades. Son este Pa铆s. Merecen respeito, consideraci贸n e apoio.