Sobre min

Sempre é difícil escribir sobre un mesmo. Ou polo menos a mín parécemo así. En todo caso, podo dicir que son un galego que naceu en 1952 e que desde moi novo tivo claro que os dereitos -á democracia, á liberdade nacional de Galiza, a mellores condicións de vida para a xente traballadora- non se regalan, senón que se conquistan.

Cheguei a finais dos sesenta á faculdade de Medicina en Santiago de Compostela e a dicir verdade, e a diferenza do que fixo Aznar, dediqueime ben máis ao activismo político contra a Ditadura do que a estudar.

Eran anos de enorme efervescencia e tam√©n foron anos de chumbo, coa Ditatura dando os seus √ļltimos coletazos, non poucos deles sanguinarios.

O meu compromiso co nacionalismo xurdiu por entender que a emancipaci√≥n nacional e social de Galiza eran as d√ļas caras da mesma moeda. Xa de moi novo intuitivamente percib√≠n que non era normal o trato que na s√ļa propia terra recib√≠a a lingua galega. Coido que a√≠ xermolou a mi√Īa rebeld√≠a.

Rematei finalmente a carreira, exerc√≠n a profesi√≥n de m√©dico por un espazo ben cativo de tempo e finalmente optei por preparar oposici√≥ns para dar aulas na educaci√≥n secundaria. Te√Īo praza nun instituto de formaci√≥n profesional en Pontevedra.

Afilieime ao BNG porque sempre entendín a política como un compromiso activo para cambiar as cousas e sempre a entendín como un traballo en equipo.

As e os compa√Īeiros do BNG honr√°ronme ao me elixir para facer parte da candidatura √°s municipais en Pontevedra en 1991. Logo fun eleito deputado no Parlamento Galego (1993-1996) e, con posterioridade, no Congreso dos Deputados (1996-2004). Levei con enorme responsabilidade o traballo de, xunto con Francisco Rodr√≠guez primeiro e Carlos Aymerich despois, voltar a representar o nacionalismo galego nas Cortes do Estado 60 anos despois de que o golpe fascista de Franco deixara a Galiza sen representaci√≥n no Parlamento. Volv√≠amos √° mesma c√°mara onde ocuparan escanos Castelao, Su√°rez Picallo, Otero Pedraio…

En 2004 retornei á política municipal, xa con responsabilidades no goberno municipal dirixido por Miguel Anxo Fernández Lores. Foi un período extraordinariamente enriquecedor, pois desde un executivo tes a oportunidade de ver plasmado o produto do teu traballo ao servizo da sociedade e iso sempre é moi gratificante.

Durante distintos períodos, fun ademais membro do Consello Nacional e da Permanente do BNG, así como dos consellos comarcais en Pontevedra. Tamén fun responsábel comarcal de Pontevedra.

O 10 de Maio de 2009, a Asemblea Nacional Extraordinaria elixiume portavoz nacional do BNG, o que, como vos poderedes imaxinar,  significa para min unha altísima responsabilidade que tento honrar co meu traballo diario.

Dese traballo e de m√°is cousas vouvos dar conta agora neste meu blog.

Sa√ļde.

Fai un comentario