Grazas

Sen categorizar 2 Comentarios

celanovaallariz

conducindobeirasa limia

mari trinio ribeirocortegada

p1010017.JPGp1010049.JPGp1010060.JPG

p1010062.JPGp1010067.JPGp1010047.JPG

p1010037.JPGp1010038.JPG

O momento da unidade

Sen categorizar Non hai comentarios

Escribiu Tomás y Valiente que cando Eta mataba a alguén morriamos un pouco todos. Leer o resto …

“Yes, we can”

Sen categorizar 6 Comentarios

Para demostrarvos que non todos os políticos somos iguais nin todos mentimos hoxe escribo o blog dende Castrelo de Miño, logo do mitin, antes de tirar de volta para Ourense. Non é que desconfíe do Xurxo, do noso flamante alcalde nacionalista, todo o contrario, o que quero é publicitar e reivindicar máis proxectos pilotos como o que el puxo en marcha, dacordo coa consellaría de Industria, porque o rural tamén existe e tamén ten que estar en rede. Leer o resto …

Zapatero Rajoy e Mariano Rodríguez

Sen categorizar Non hai comentarios

e as súas propostas para Galiza:

–”Como gallego non le voy a fallar a Galicia (…) Grandes Compromisos: Recuperar o tempo perdido e unha Galicia vertebrada completando o labor realizado por Manuel Fraga (…) nunha España forte e competitiva” (Propaganda eleitoral Partido Popular) 
-”O galeguismo non é facer falsas ecuacións; non é facer tirapuxas ao Goberno de España; non é facer solitarios en política” (Voz de Galicia, luns 3, Emilio Pérez Touriño)

Leer o resto …

Xogar na casa

Sen categorizar Non hai comentarios

Praza de Abastos Cortegada Cartelle Ramirás Allariz Parada Vilar de Santos Porqueira Rairiz… e no camiño: o piñeiro manso máis antigo do Ribeiro, que é osíxeno, un respiro; vós, a nosa razón de ser. Leer o resto …

Relato para Galegofóbicos

Sen categorizar 4 Comentarios

Imaxinade unha mañá calquera, dun día calquera. Son ás 07.15 e salta a radio-despertador, na mesilla, nunha emisora na que só falan galego. Tentades con desesperación dar con outro dial e máis do mesmo, só sintonizades frecuencias en galego. Dado o cedo que é pensades, cecais, que aínda non despertastes dabondo e vos metedes na ducha para logo baixar a levar aos nenos á escola. Xogan os cativos no patio e a profesora chama por eles cun: “Veña, a clase”. Seguides sen acreditar, sospeitando que permanecedes nun estado onírico. É hora de pasar polo kiosko e só logo de moito remexer atopades un xornal: “Único diario en español”. Definitivamente as cousas non andan ben, isto só pode ser un pesadelo, isto só pode ser froito dun mal soño, isto só pode significar que seguides a durmir e que a radio despertador nunca sonou. Precisades o almorzo para saír de dúbidas:

-Por favor, un café con leche
-Si, agora mesmo, un con leite

Imaxinades?, o mundo ao revés, pois isto é o que eu vivo no meu País logo de  30 anos de democracia (Xosé Manuel Beiras, o luns, con nós, na Universidade.) 

Polas súas obras os/a coñecerás

Sen categorizar 3 Comentarios

E polas súas declaracións tamén: “El BNG no ha querido o no ha sabido transmitir que la reforma de la OCM del vino es muy beneficiosa para el sector. No quisiera entrar en polémica, pero no hemos tenido ni una sola crítica del primer productor nacional, que es Castilla la Mancha, que recibió la noticia con una fiesta y la Federación Española del vino nos ha felicitado (…)”. Elena Espinosa, candidata “galega” (entrevista El País, 26 Febreiro).  

En galego

Sen categorizar 5 Comentarios

Hoxe ides permitirme que me poña de pai baboso. O mesmo porque é domingo e tiven que saír da casa antes de que despertera a Paula, “desobedecera” e viñera deitarse na nosa cama. O mesmo porque acabo de chegar e, ao abrir a porta, corre a Marta ao ritmo dunha especie de rap que só di PapáPapáPapápa e si, se me cae a baba. Perdín o cálculo dos kilómetros feitos e prefiro non botar contas dos que fican pendentes. Tampouco quero sonar a cansancio ou desgana pero si é verdade que hai certos momentos  -e quen sexa pai supoño me entenderá ben- nos que gostarías que isto da conciliación fose máis doado, houbera unha fórmula máxica para equilibrar un pouquiño máis o esforzo e traballo destes días, xa meses, e os custes persoais. Viña así reflexionando de volta de Xunqueira de Ambía, Leer o resto …

In memoria

Sen categorizar 1 Comentario

Escribía Camilo Franco: “A especie está afeita a morte pero os individuos non”, por iso hoxe non podo máis que convertir este post nun minuto de silenzo. Polo Lois: que nos deixou á noite pegando carteis, que despedimos onte, e tamén polo Quintela -mesmo hai unha horas paseabamos por Cea e sentimos a súa ausencia-, polo Roberto, polo Peña…

O viño é cultura

Sen categorizar Non hai comentarios

Din que Woody Allen, mentres rodaba a súa última película en Barcelona, pediu unha botella de Emilio Rojo para cear. Din tamén que este restou importancia á anécdota asegurando que preferiría que o seu protagonista fora Chiquito de la Calzada. Unha miga de provocación por parte do bodegueiro que máis ten contribuido á internacionalización do noso Ribeiro, segundo nos contan nunha visita ao Consello Regulador. Alí falamos de viño pero tamén de cultura, dese patrimonio inmaterial que o BNG tenta non só salvagardar senón tamén pór en valor. Viño, que non “caldos”, acláranos o presidente da D.O, Luis Anxo Rodríguez, porque os caldos son algo turbio, todo o contrario ás nosas uvas: treixadura, torrontés, lado… agora ameazadas pola próxima reforma da OCM. Leer o resto …

« Entradas anteriores