O momento da unidade
7 Marzo, 2008 Sen categorizar Non hai comentariosEscribiu Tomás y Valiente que cando Eta mataba a alguén morriamos un pouco todos. Leer o resto …
“Yes, we can”
6 Marzo, 2008 Sen categorizar 6 ComentariosPara demostrarvos que non todos os polÃticos somos iguais nin todos mentimos hoxe escribo o blog dende Castrelo de Miño, logo do mitin, antes de tirar de volta para Ourense. Non é que desconfÃe do Xurxo, do noso flamante alcalde nacionalista, todo o contrario, o que quero é publicitar e reivindicar máis proxectos pilotos como o que el puxo en marcha, dacordo coa consellarÃa de Industria, porque o rural tamén existe e tamén ten que estar en rede. Leer o resto …
Zapatero Rajoy e Mariano RodrÃguez
4 Marzo, 2008 Sen categorizar Non hai comentariose as súas propostas para Galiza:
–”Como gallego non le voy a fallar a Galicia (…) Grandes Compromisos: Recuperar o tempo perdido e unha Galicia vertebrada completando o labor realizado por Manuel Fraga (…) nunha España forte e competitiva” (Propaganda eleitoral Partido Popular)Â
-”O galeguismo non é facer falsas ecuacións; non é facer tirapuxas ao Goberno de España; non é facer solitarios en polÃtica” (Voz de Galicia, luns 3, Emilio Pérez Touriño)
Xogar na casa
2 Marzo, 2008 Sen categorizar Non hai comentariosPraza de Abastos Cortegada Cartelle Ramirás Allariz Parada Vilar de Santos Porqueira Rairiz… e no camiño: o piñeiro manso máis antigo do Ribeiro, que é osÃxeno, un respiro; vós, a nosa razón de ser. Leer o resto …
Relato para Galegofóbicos
28 Febreiro, 2008 Sen categorizar 4 ComentariosImaxinade unha mañá calquera, dun dÃa calquera. Son ás 07.15 e salta a radio-despertador, na mesilla, nunha emisora na que só falan galego. Tentades con desesperación dar con outro dial e máis do mesmo, só sintonizades frecuencias en galego. Dado o cedo que é pensades, cecais, que aÃnda non despertastes dabondo e vos metedes na ducha para logo baixar a levar aos nenos á escola. Xogan os cativos no patio e a profesora chama por eles cun: “Veña, a clase”. Seguides sen acreditar, sospeitando que permanecedes nun estado onÃrico. É hora de pasar polo kiosko e só logo de moito remexer atopades un xornal: “Único diario en español”. Definitivamente as cousas non andan ben, isto só pode ser un pesadelo, isto só pode ser froito dun mal soño, isto só pode significar que seguides a durmir e que a radio despertador nunca sonou. Precisades o almorzo para saÃr de dúbidas:
-Por favor, un café con leche
-Si, agora mesmo, un con leite
Imaxinades?, o mundo ao revés, pois isto é o que eu vivo no meu PaÃs logo de 30 anos de democracia (Xosé Manuel Beiras, o luns, con nós, na Universidade.)Â
Polas súas obras os/a coñecerás
26 Febreiro, 2008 Sen categorizar 3 ComentariosE polas súas declaracións tamén: “El BNG no ha querido o no ha sabido transmitir que la reforma de la OCM del vino es muy beneficiosa para el sector. No quisiera entrar en polémica, pero no hemos tenido ni una sola crÃtica del primer productor nacional, que es Castilla la Mancha, que recibió la noticia con una fiesta y la Federación Española del vino nos ha felicitado (…)”. Elena Espinosa, candidata “galega” (entrevista El PaÃs, 26 Febreiro). Â
En galego
24 Febreiro, 2008 Sen categorizar 5 ComentariosHoxe ides permitirme que me poña de pai baboso. O mesmo porque é domingo e tiven que saÃr da casa antes de que despertera a Paula, “desobedecera” e viñera deitarse na nosa cama. O mesmo porque acabo de chegar e, ao abrir a porta, corre a Marta ao ritmo dunha especie de rap que só di PapáPapáPapápa e si, se me cae a baba. PerdÃn o cálculo dos kilómetros feitos e prefiro non botar contas dos que fican pendentes. Tampouco quero sonar a cansancio ou desgana pero si é verdade que hai certos momentos -e quen sexa pai supoño me entenderá ben- nos que gostarÃas que isto da conciliación fose máis doado, houbera unha fórmula máxica para equilibrar un pouquiño máis o esforzo e traballo destes dÃas, xa meses, e os custes persoais. Viña asà reflexionando de volta de Xunqueira de AmbÃa, Leer o resto …
In memoria
23 Febreiro, 2008 Sen categorizar 1 ComentarioEscribÃa Camilo Franco: “A especie está afeita a morte pero os individuos non”, por iso hoxe non podo máis que convertir este post nun minuto de silenzo. Polo Lois: que nos deixou á noite pegando carteis, que despedimos onte, e tamén polo Quintela -mesmo hai unha horas paseabamos por Cea e sentimos a súa ausencia-, polo Roberto, polo Peña…
O viño é cultura
21 Febreiro, 2008 Sen categorizar Non hai comentariosDin que Woody Allen, mentres rodaba a súa última pelÃcula en Barcelona, pediu unha botella de Emilio Rojo para cear. Din tamén que este restou importancia á anécdota asegurando que preferirÃa que o seu protagonista fora Chiquito de la Calzada. Unha miga de provocación por parte do bodegueiro que máis ten contribuido á internacionalización do noso Ribeiro, segundo nos contan nunha visita ao Consello Regulador. Alà falamos de viño pero tamén de cultura, dese patrimonio inmaterial que o BNG tenta non só salvagardar senón tamén pór en valor. Viño, que non “caldos”, acláranos o presidente da D.O, Luis Anxo RodrÃguez, porque os caldos son algo turbio, todo o contrario ás nosas uvas: treixadura, torrontés, lado… agora ameazadas pola próxima reforma da OCM. Leer o resto …
