En galego

8:11 pm Sen categorizar

Hoxe ides permitirme que me poña de pai baboso. O mesmo porque é domingo e tiven que saír da casa antes de que despertera a Paula, “desobedecera” e viñera deitarse na nosa cama. O mesmo porque acabo de chegar e, ao abrir a porta, corre a Marta ao ritmo dunha especie de rap que só di PapáPapáPapápa e si, se me cae a baba. Perdín o cálculo dos kilómetros feitos e prefiro non botar contas dos que fican pendentes. Tampouco quero sonar a cansancio ou desgana pero si é verdade que hai certos momentos  -e quen sexa pai supoño me entenderá ben- nos que gostarías que isto da conciliación fose máis doado, houbera unha fórmula máxica para equilibrar un pouquiño máis o esforzo e traballo destes días, xa meses, e os custes persoais. Viña así reflexionando de volta de Xunqueira de Ambía, das escolas vellas, onde había cativos xogando nos columpios e o tobogán, e o que é máis importante, xogaban en galego. Falar, pensar, educarse no teu idioma non tería que pórse en cuestión, debería asumirse con normalidade mais a realidade é ben distinta e en lugar de avanzar, pois aínda queda moito por facer, hai quen se emperra non só en pór trabas senón en involucionar a situacións, case, de épocas pasadas. O de Rajoy e Núñez Feijóo coas galescolas, con ese argumento tan demagóxico como absurdo de que o que hai que aprender é inglés, obviamente non é inocente e só se pode entender nesta deriva de auténtica persecución e ataque á diversidade na que están inmersos e que non os vai levar ningún bo porto salvo ao illamento e o rexeitamento.



5 Comentarios

  1. carrlos Di:

    Gustaríame que o BNG fixera algo máis que declaracións de intencións en contra do Plan Acuícola. Seiruga Limpa xa!

  2. gonzalo celanova Di:

    Animo compañeiro, que o traballo levara a que Ourense atope, por fin, a saida do olvido e do atraso, por que estou seguro que o traballo de toda a militancia se vera recompensado cando te vexammos sentado no congreso defendendo a Ourense, Animo e adiante co BNG

  3. Emilio Di:

    Iago, ánimo, que ben sabes que outros pais compartimos contigo o duro esforzo de que chegues ao Congreso.
    Coma ti, este domingo apenas vin á familia, e a pesares da choiva, fomos a poñer carteles polo Concello.
    Porque Ourense precísate en Madrid. Porque Castrelo do Val precísate en Madrid.
    Porque as túas Paula e Marta e a miña Inés vexan, coma ti dis, normal que un galego defenda a este país no Congreso.

  4. Emilio Di:

    Ánimo Iago.
    Outros pais que compartimos contigo o esforzo de que chegues ao Congreso entedémoste.
    Pero precisamente polos nosos fillos e fillas merece a pena.
    Perdoado a do “pai baboso”, que os que tamén o somos sentimos o mesmo ca ti.
    Ademais tedes que acostumarvos que a partires do día 9 vas ter que pasar moito tempo en Madrid.

    Unha aperte e adiante.

  5. xOsse Di:

    Por incribel que pareza ainda hai nenos que medran falando en galego; e digo incribel porque o entorno os empuxa a falar castelán: dende os primeiros DVD’S que lles pomos cando ainda non saben falar, a TV, a escola, e mais tarde todos os medios de comunicación -agás un, menos mal-: radio, prensa, TV, internet… e o que veña. Dende logo ese e un eido no que nos queda moito por avanzar. Unha aperta Iago! E volta por Xunqueira cando queiras… e sen avisar!

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.