Relato para Galegofóbicos
Febreiro 28, 2008 6:01 pm Sen categorizarImaxinade unha mañá calquera, dun día calquera. Son ás 07.15 e salta a radio-despertador, na mesilla, nunha emisora na que só falan galego. Tentades con desesperación dar con outro dial e máis do mesmo, só sintonizades frecuencias en galego. Dado o cedo que é pensades, cecais, que aínda non despertastes dabondo e vos metedes na ducha para logo baixar a levar aos nenos á escola. Xogan os cativos no patio e a profesora chama por eles cun: “Veña, a clase”. Seguides sen acreditar, sospeitando que permanecedes nun estado onírico. É hora de pasar polo kiosko e só logo de moito remexer atopades un xornal: “Único diario en español”. Definitivamente as cousas non andan ben, isto só pode ser un pesadelo, isto só pode ser froito dun mal soño, isto só pode significar que seguides a durmir e que a radio despertador nunca sonou. Precisades o almorzo para saír de dúbidas:
-Por favor, un café con leche
-Si, agora mesmo, un con leite
Imaxinades?, o mundo ao revés, pois isto é o que eu vivo no meu País logo de 30 anos de democracia (Xosé Manuel Beiras, o luns, con nós, na Universidade.)







Febreiro 28th, 2008 at 6:08 pm
Moi bo!
Ánimo, adiante BNG!
Febreiro 29th, 2008 at 11:28 pm
quen dera que iso fora asi pero x desgraza só é un soño…..
Marzo 1st, 2008 at 11:52 pm
que bon candidato! non sei se saira pero só polo blog, debería.
Marzo 3rd, 2008 at 12:04 am
Moi bo iago,gustoume moito a historia.A ver que nos contas o mercores en Castrelo.Unha aperta.