O blog de Iago Tabarés » Blog Archive » Xogar na casa

Xogar na casa

8:52 pm Sen categorizar

Praza de Abastos Cortegada Cartelle Ramirás Allariz Parada Vilar de Santos Porqueira Rairiz… e no camiño: o piñeiro manso máis antigo do Ribeiro, que é osíxeno, un respiro; vós, a nosa razón de ser.

Seino, esta fin de semana xogaba, xogabamos na casa, por iso a voz quebrada e emocioanada do Paco García, por iso o orgullo e satisfación do Pepe de Cartelle, de aí o entusiasmo do Pérez, que non me gardou rencor porque o outro día, en Xinzo, tivo que tomar o polvo frío, rencor que tampouco lle gardo eu ao Jardón, ao Xan, que me fixo cruzar xusto cando viña un coche á dereita, en Vilar de Santos, onde teñen ben claro iso da autoestima, da dignidade de ser de onde un é. Xogar na casa ten estas cousas, é aire para respirar, coma o do piñeiro no medio da estrada; é moral para a tropa, malia a fin de semana maratoniana; é forza para a recta final, ese tempo de desconto que xa escomeza, cara o próximo domingo, ao que temos que chegar mellorando e convertendo en dato empírico a tendencia agoirada hoxe nas enquisas, un bo resultado para o nacionalismo galego, un bo resultado para Ourense, un bo resultado para Galiza, en definitiva.



Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.