Zapatero Rajoy e Mariano Rodríguez
Marzo 4, 2008 6:23 pm Sen categorizare as súas propostas para Galiza:
–”Como gallego non le voy a fallar a Galicia (…) Grandes Compromisos: Recuperar o tempo perdido e unha Galicia vertebrada completando o labor realizado por Manuel Fraga (…) nunha España forte e competitiva” (Propaganda eleitoral Partido Popular)
-”O galeguismo non é facer falsas ecuacións; non é facer tirapuxas ao Goberno de España; non é facer solitarios en política” (Voz de Galicia, luns 3, Emilio Pérez Touriño)
A verdade é que me sinto algo vampiro, apropiándome das ideas alleas -grazas ao Jardón polo xogo de palabras- e dos argumentos dos demais -grazas ao Bieito por ter sido tan ilustrativo onte na Valenzá- mais como xa vos teño comentado noutro post, polas súas obras/declaracións os coñeceredes e ás probas me remito. Por iso teño que darvos unha exclusiva… ou un recordatorio: si, o BNG preséntase a estas eleicións; si, eu son o candidato por Ourense, e si somos só os nacionalistas os que podemos facer fronte a esta España bipolar, para que Galiza exista e non sexa como Santa Bárbara, que en Madrid só se acorden dela cando chove… ou nin siquera e, insisto, ás probas me remito, incluido o televisivo “combate final” de onte que non fixo máis que, no que a Galiza se refire, reafirmarme no título deste post: Zapatero Rajoy e Mariano Rodriguez .






