“Yes, we can”

6:47 pm Sen categorizar

Para demostrarvos que non todos os políticos somos iguais nin todos mentimos hoxe escribo o blog dende Castrelo de Miño, logo do mitin, antes de tirar de volta para Ourense. Non é que desconfíe do Xurxo, do noso flamante alcalde nacionalista, todo o contrario, o que quero é publicitar e reivindicar máis proxectos pilotos como o que el puxo en marcha, dacordo coa consellaría de Industria, porque o rural tamén existe e tamén ten que estar en rede.

Grazas a ese acordo, zonas coma ista melloraron o seu nivel de utilización das novas tecnoloxías, tan complexo na nosa provicia e un dos motivos, aínda que soe a disculpa, polo que non podo manter a actualización do blog que sería desexabel. Son as cousas do Xurxo, e de tantos outros compañeiros, aos que non sei se decepcionei porque foi un día complicado, un día “mediático”, co que iso implica de presión e de rixidez. Sei, precisamente polo blog, que en Castrelo estaban expectantes, tentei dar o mellor de min, coma sempre, pero, insisto, a presión do día o mesmo se fixo demasiado evidente. En calquera caso, só podo dicir unha cousa: Grazas. Os que estivestes xa o sabedes e os que non debo contarvos que unha vez que rematei a miña intervención non soou o “Xente”, a nosa sintonía, senón o “Yes, we can”, porque sodes moitos os que credes e sabedes que “Nós podemos”, por nós, por vós, alomenos, que non sexa, por eso, insisto, Grazas. Detalles así, nunha xornada complexa, te reconcilian con tantas cousas… 



6 Comentarios

  1. minhota Di:

    Heheh, acabo de ler o mesmo no blog do xurxo.com
    Estabades sincronizados, ou?!
    E eu que non poiden ir a Castrelo onte. Claro que podemos!. Animo Iago!, Animo Xurxo e adiante Castrelo, Ourense, Galiza e o BNG!

  2. Castrelo (Ivan) Di:

    Estibeche incluso mellor que en ourense iago,ti tranquil.
    Saudos compañeiro.

  3. rola Di:

    Estiveches xenial en Castrelo!

  4. xan Di:

    hai que dicirlle á xente que o 9 de Marzo miren a papeleta, que vexan que non sae Zapatero nen Rajoy, que sae Iago, Olaia, Jorquera ou Abraira.
    Que non se enganen, que se escollen representantes por provincia e os únicos con cara, nome e apelidos que van representar aos galegos son os do Bloque.

    Que 6 anos despois, o que dicía que o Prestige xa estaba en augas portuguesas vai de nº3 pola Coruña, o de
    «No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas» vai de nº1 por Madrid e o de “Las playas de Galicia están limpias y esplendorosas” vai de nº1 por Alicante. Nunca Máis!!

  5. Iago Castro Di:

    Iago, Galiza pode sair gañando moito impulso destas eleccións si ti consigues o escaño en Madrid

  6. Toni González Di:

    Iago, dende Ourense temos a confianza de que o futuro da nosa cidade pasa por que ti sexas o noso nomeado na capital do Estado. Loita, pronto a nosa única capital será Santiago e a túa viaxe non será tan lonxe e non terás que ler o periódico en castelán.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.