O momento da unidade
Marzo 7, 2008 5:30 pm Sen categorizarEscribiu Tomás y Valiente que cando Eta mataba a alguén morriamos un pouco todos.
(..) A violencia terrorista repugna a conciencia de todos os demócratas e ofende tamén a conciencia profundamente pacifista do pobo galego. A miseria moral do terrorismo representa un intolerábel atentado contra os dereitos humanos máis elementais e obriga a todas as forzas políticas democráticas, a todos os pacifistas, a manter unha acción unitaria e a non facer uso político nen eleitoralista da violencia. Este é o momento da unidade entre os demócratas o momento da fortaleza do Estado de Dereito e da democracia fronte a iniquidade dos terroristas (…) (Comunicado de condena do BNG)






