Iago Tabarés defende o apoio ao BNG o 9M para poder avanzar na configuración dun Estado plurinacional.
Iago Tabarés pide desterrar esa crenza de que o 9M se escolle presidente e lembra que o que se elixe son representantes que defendan os intereses de Galiza durante toda a lexislatura.
Iago Tabarés condiciona o apoio do BNG a un posíbel goberno socialista ao comportamento que teña con Galiza.
Iago Tabarés reclama ser decisivs en Madrid para que a chegada do AVE sexa unha oportunidade de integración da cidade e nn unha sentencia para os próximos 100 anos.
Iago Tabarés asegura que a candidata socialista está nervosa porque sabe que o escano que perde o PP só pode ir para o BNG.
Iago Tabarés asegura que non está nada decidido e apela a traballar con “esperanza” e “responsabilidade” para que o BNG sexa determinante en Madrid.
Tabarés lamenta que PP e PSOE volvan enzarzarse en imputacións de irregularidades polo voto emigrante pero non amosen vontade para a súa regulación. A Mezquita, 7 Febreiro.
Tabarés defende a “campaña constructiva” que está a realizar o BNG e reta a PP e PSOE a que poñan enriba da mesa propostas e solucións para os problemas de Ourense, non para o resto do Estado. Ourense, 8 Febreiro.
Tabarés empraza a Elena Espinosa a que explique, dos máis de 400 millóns de euros da OCM, cantos van vir para Galiza e lembra que os presidentes das cinco D.O manifestaron o nefasto que é a reforma para o País. Leiro, 9 de Febreiro.
Tabarés traslada aos carteiros rurais o compromiso do BNG coa súa problemática e infórmaos das iniciativas presentadas no Congreso e en Galiza en defensa deste servizo. Ourense, 11 Febreiro.
Tabárés presenta dúas iniciativas en defensa do sector dos talleres do textil en Galiza, ante o alarmante incremento do desemprego que se está a rexistrar no mesmo. Ourense, 15 Febreiro.
Tabarés traslada ao presidente do Consello Regulador do Ribeiro a preocupación do BNG pola reforma da OCM. Ribadavia, 15 Febreiro.
Tabarés aposta por construir un Estado “máis xusto” no social e “respeituoso cos pobos” fronte á confrontación que está a caracterizar esta campaña. A Bola, 15 Febreiro 08.
Tabarés pon Monterrei como exemplo do que está en xogo o 9M, elexir entre que “decidan por nós e non fagan nada por Galiza” ou “decidamos nós e consigamos investimentos para a comarca”. Albarellos, 16 Febreiro.
Tabarés lamenta o “comportamento cínico” de PP e PSOE ao respeito do voto emigrante, que só aporta, para mudar as cousas, cruce de descalificacións e reparto de cheques. Arnoia, 17 Febreiro.
Tabarés reúnese co colectivo de mulleres do Carballiño para escoitar as súas demandas e suxestións e pídellles apoio para poder dárlles resposta dende Madrid. O Carballiño, 18 Febreiro.
Tabarés presenta a súa páxina persoal en internet como “lugar común” para o diálogo e a participación. Ourense, 19 Febreiro.