O blog de Francisco Jorquera » Blog Archive » O voto emigrante: a lei do embudo para Galiza

O voto emigrante: a lei do embudo para Galiza

8:05 pm Sen categorizar

Olá de novo! En primeiro lugar quería pedirvos desculpas por estar ausente estes días da miña bitácora: fun respondendo os correos, que agradezo sinceramente, pero a intensa actividade de campaña impediume engadir novos comentarios.

Aproveito un momento de respiro para facer unha reflexión sobre un tema que preocupa non só ao BNG, senón coido que a toda a sociedade galega e a calquera demócrata: a absoluta falta de control sobre o voto emigrante e cómo a Galiza se lle está aplicando a lei do funil.

Resulta que ademais de que desta volta os emigrantes tampouco volverán a votar en urna, incumprindo o PSOE as súas promesas eleitorais, senón que tampouco computan á hora de asignar escanos a Galiza. É dicir, por unha parte PSOE e PP seguen sendo culpables de non facer nada para que o voto no exterior se efectúe coas mesmas garantías que o voto interior senón que os máis de 350.000 galegos ou descendentes de galegos inscritos nos CERA non computan á hora de asignar escanos, é dicir á hora de decidir o peso de Galiza nas Cortes.

Atopámonos así con que se tivesen en conta aos emigrantes con dereito a voto Galiza contaría con 5 deputados/as máis no Congreso: 28 fronte aos 23 que imos elixir o 9 de marzo. A sociedade galega merece máis respeto, non hai dereito a esta fraude democrática.



6 Comentarios

  1. carrlos Di:

    Gustaríame que o BNG fixera algo máis que declaracións de intencións contra o Plan Acuícola. Seiuruga Limpa!

  2. David G. Di:

    Se os votos dos españois censados no extranxeiro non conta para a atribución dos escanos de deputados ¿alguén pode explicarme que é o que elixen os censados no extranxeiro?

    Gracias por responder á miña pregunta.

  3. Conchi Fontenla Di:

    Para vostedes o voto dos emigrantes, primeiro había que eliminalo, non podían eles dende fóra decidir sobre o destino dos que vivimos aiquí, e agora resulta que sí deben de contar, quen vos entende?

  4. Luis Di:

    Carlos vexo moi pouco vontade no bng de ir mais ala das declaracións de intencións no plano acuicola. ë unha pena que nestes comicios o nacionalismo teña un retroceso no numero de votos por facer unha politica complice co seu socio no tema das piscifactorias. Ao psoe nin ao pp lle suporá ningún voto arriba ou abaixo. A nos moitos.

  5. Lugués Di:

    Explícolle eu o dos emigrantes: se teñen voto, se o seu voto determina, que o seu continxente conte tamén para a determinación dos escanos que elixe cada provincia.

    Non é difícil de entender. Agora, unha pregunta miña: moléstalle a posibilidade de que Galicia teña máis deputados no Congreso?

  6. fina Di:

    a mi me importan más los votos de todas las personas que vivimos aquí y que somos también de aquí(GALLEGOS y no gallegos pero si censados);NADIE SABE MEJOR QUE NOSOTROS LO QUE TENEMOS,NECESITAMOS O QUEREMOS;respeto a todos los emigrantes,no solo a los que están fuera de españa,pero ,conoce un emigrante ya asentado en otros paises(suiza,holanda,argentina,….)nuestros problemas,los que tenemos cada dia aqui ,en coruña,ferrol,as pontes…?NO,hay que hacer campaña en otras comunidades en las que sí viven gallegos emigrados en relacion constante con galicia,ellos también saben lo que queremos.suerte en las elecciones .

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.