O blog de Francisco Jorquera » Blog Archive » Desde logo que non aspiro a ser ministro

Desde logo que non aspiro a ser ministro

10:30 am Sen categorizar

Aínda que esta afirmación resulte obvia e mesmo grandilocuente, penso que é necesaria facela á vista das declaracións de onte do Ministro de Cultura e cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, o señor César Antonio Molina, nas subliñaba que nin o que lles escreve nin o candidato do PP, Antonio Erias, “séran nunca ministros”.

A humildade en política, como na vida, é fundamental para evitar os delirios de grandeza. Efectivamente, os candidatos e candidatas do BNG ao único que aspiramos é a representar dignamente a Galiza no Congreso dos Deputados, a traballar arreo polos eleitores que nos deron a súa confianza, e a non defraudalos. Este é o noso humilde obxectivo. Dende logo que o que nunca faremos é utilizar Galiza como plataforma política para facer carreira política en Madrid.

Hai moitos deputados galegos e galegas de carné nas Cortes. É certo. Pero non vin a ningún senador socialista erguer a voz para protestar pola demora na chegada do AVE á nosa cidade ou pola necesidade de dotar de accesos ao Porto Exterior. Foron os deputados do BNG os que conseguiron 10 millóns de euros para acelerar as obras da Terceira Ronda, e non o señor Molina; foron Francisco Rodríguez e Olaia Fernández Davila os que loitaron para desbloquear o traspaso de competencias a Galiza e os que conseguiron incrementar en máis de 200 millóns de euros os investimentos do Estado no noso país durante a última lexislatura. Obras son amores….

Por certo, recoméndovos este interesantísimo editorial do xornal El Pais do ano 1982 : pola súa certeira análise que fai dos deputados “cuneros” e do obsoleto das circunscripcións provinciais e porque, non nos enganemos, hoxe sería moi difícil que aparecese no mesmo xornal. 

Saúdos e moitas grazas polo voso apoio.



2 Comentarios

  1. iago Di:

    Tes toda a razón do mundo. En política, o primeiro que hai que ter é humildade, como temos no BNG.

    Adiante, e moito ánimo!

  2. Xabier Di:

    Parabéns pola súa entrevista en El País. Moi boas as respostas, moi convincente, moi sólido. Gustoume moito, moito. Non me arrepinto de votar o que xa votei por correo, dende logo que non.

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.