4 días para que Galiza poida decidir no Estado

2:49 pm Sen categorizar

A catro días de que se celebren as eleccións hai tres cousas claras: o PP non vai gañar as eleccións, non vai haber maiorías absolutas e, polo tanto, os partidos nacionalistas volverán  ser decisivos para a conformación de maiorías parlamentares. Así se reflicte, mal que lles pese a moitos, nos inquéritos publicados este domingo tanto por La Voz de Galicia
como o de El País.

A sociedade galega non pode desaproveitar esta oportunidade histórica de ter peso político en Madrid para que as súas problemáticas sexan tidas en conta. O BNG é o mellor instrumento ao servizo do pobo galego para ser determinante e decisivo no próximo Congreso dos Deputados.  Nestes últimos días temos que convencer aos nosos amigos e amigas, aos nosos veciños e veciñas de que o BNG é a mellor elección para que Galiza conte no Estado e para que se avance na democracia e nas políticas sociais. Co voso apoio podemos conseguilo. Ánimo.



Un comentario

  1. xan Di:

    hai que dicirlle á xente que o 9 de Marzo miren a papeleta, que vexan que non sae Zapatero nen Rajoy, que sae Jorquera, Olaia, Iago ou Abraira.
    Que non se enganen, que se escollen representantes por provincia e os únicos con cara, nome e apelidos que van a representar aos galegos son os do Bloque.

    Que 6 anos despois, o que dicía que o Prestige xa estaba en augas portuguesas vai de nº3 pola Coruña, o de
    «No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas» vai de nº1 por Madrid e o de “Las playas de Galicia están limpias y esplendorosas” vai de nº1 por Alicante. Nunca Máis!!

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.