O blog de Francisco Jorquera » Blog Archive » Votemos pensando en Galiza

Votemos pensando en Galiza

10:41 am Sen categorizar

20080306_quintanaco_051.JPGOnte foi o gran día da campaña. Centos de amigos e amigas reunímonos no Palexco para manifestar claramente que o vindeiro día 9 votaremos pensando en Galiza, exercendo de galegos e galegas tamén á hora de votar. A sociedade galega está cansa de ver pasar a deputados/as do PSOE e do PP que se din galegos pero que á hora de votar en Madrid traizoan aos eleitores da súa circunscripción votando a favor de cousas que son totalmente perxudiciais para Galiza.

O 9 de marzo o PP vai perder as eleccións, afortunadamente non vai haber maiorías absolutas e o pobo galego non pode deixar pasar esta oportunidade histórica de que os seus intereses, os seus problemas sexan tidos en conta en Madrid a través dun BNG forte e decisivo. Adiante co BNG! Co voso apoio o domingo lograremos un fito histórico: que Galiza decida e sexa tida en conta en Madrid!



4 Comentarios

  1. iago Di:

    Veña, moita sorte!!

    Adiante BNG!

  2. Gloria Di:

    Hoxe dia 10 de Marzo é o verdadeiro día de reflexión. Recoñezo que os resultados foron bos, comparándonos con outros nacionalismos de esquerda. Agora ben, temos que facer algo de autocrítica para mellorar, sen ningún tipo de complexo. Para o meu parecer debíamos de ser máis incisivos co PSOE, xa que nos centramos en dous campos: o PP e inculcar a idea que somos os únicos representantes por Galiza en Madrid. Considero que a pesar de estar no bipartito con eles debemos de ser implacables con , xa que Pepe Blanco tamén o foi con nos en Lugo, e tan ancho. É unha opinión persoal.
    Boa sorte en MAdrid, e sobre todo chama a atención, xa que os medios de comunicación xeneralistas intentarán ningunearvos. Hai medios alternativos e socialmente masivos, que anque non son serios si poden cambiar a imaxen dun partido, son tipo: “El intermedio”, “El hormiguero”…si che poñen un micro sonríe e di algunha gracia, é unha forma de salir en pantalla. Todo vale.
    Saludos a Olaia.

  3. Henrique Di:

    Parabéns, Paco, parabéns, BNG. Sabemos que imos ter quen mire polas nosas cousas nas Cortes e sabemos que non nos ides fallar. Moito ánimo e adiante co BNG!

  4. sebastia giner Di:

    enhorabuena al partido, a los militantes y a los votantes gallegos. Os envidia un valenciano que no es capaz de que su nacionalismo llegue a la conciencia de sus simpatizantes. Aquí estamos padeciendo ahora la marea del PP que en su día os tocó a los gallegos. Suerte y no os confundais en las estrategias. Aquí tenemos claro que es demasiado difícil luchar contra el bipartidismo interesado. Aquí lo han llamado duopolio. A pesar de todo todos los que creemos en la pluralidad y en el nacionalismo como una posible solución para mejorar la vida de las personas desde cerca.
    Por otro lado, y aunque no os está afectando, todos los partidos nacionalistas deberían empezar a comportarse como un partido que compartiera experiencias y estrategias adaptadas a su territorio. Una posible GAleuscat reuniendose periódicamente para cerrar intentar cerrar el paso al bipartidimo que, con una pequeña equivocación que cometa algún minoritario, se llevaran el gato al agua

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.