Quen son
Nacín en Ferrol, 1961. Estou casado e teños dous fillos. Resido na Coruña.
Licencieime en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciei a miña militancia no nacionalismo dentro do movemento estudiantil, formando parte da organización ERGA entre 1978-1986, da que fun secretario nacional. Participei tamén na creación dos CAF.
Militei na ANPG até 1982, ano en que participo na fundación do que hoxe é o Bloque Nacionalista Galego. Fun membro do Consello Nacional do BNG en representación de ERGA na primeira metade dos anos oitenta, reicorporándome a este órgano na IX Asamblea Nacional, celebrada no ano 2001. Dende 1990 até 2003 desempeño o cargo de secretario técnico de organización do BNG.
No 2003 fun eleito pola XI Asamblea Nacional para formar parte da Executiva Nacional, na que na actualidade desempeño a tarefa de coordenador executivo.
Son senador por designación autonómica desde o 2005, sendo o único representante do BNG nesta Cámara. Así mesmo, son coordenador da Alianza Galeuscat polo BNG.
UN REPASO FOTOGRÁFICO POLA MIÑA VIDA:








