INICIATIVAS DO BNG PARA O PLENO DE AGOSTO
19 Setembro, 2008 Sen clasificar Non hai comentariosNo próximo Pleno da Corporación Municipal de Catoira, o BNG presentará unha serie de iniciativas e preguntas que a continuación detallamos:
Â
Presentamos unha moción para defender o servizo do tren de cercanÃas.
 En Catoira vai ocorrer algo sorprendente, xa que, o trazado pola nosa vila do “Eixo Atántico” ferroviario, vai supor un impacto ambiental brutal e como “premio” por facernos ese destrozo, o Ministerio de Fomento pretende deixarnos sen un servizo público tan importante como é o tren, servizo que en Catoira vimos disfrutando desde hai 130 anos.
Esta preocupación está latente en toda a nosa vecindade, pois lévanse recollidas na nosa vila máis de mil sinaturas , o que demostra a sensibilidade do noso pobo neste tema.
Recentemente, nun Pleno da Corporación Municipal, todos os grupos politicos aprobamos a realización dunhas obras por parte de Adif para eliminar pasos anivel.
SerÃa absurdo facer esas obras, para que dentro de catro ou cinco anos nos levanten as vias. Esta é a intención hoxe en dia do Ministerio de Fomento, temos como exemplo o caso de Portas.
No Pleno, preguntaremos as razóns polas que Fomento non accetou ningunha das alegacións aprobadas por unanimidade no concello, por iniciativa do BNG, feitas ao trazado ferroviario do “Eixo Atlántico”
.
Hai máis dun ano, na campaña electoral das eleccións municipais, o Alcalde manifestou que estaban vendidas todas as parcelas do Parque Empresarial de Abalo e que ia a comezar a promover a construcción doutro parque. Un ano despois da inauguración dese parque, non se observa a construcción de naves en ningunha parcela, coa conseguinte repercusión negativa para as xa menguadas arcas municiais.
Imos preguntarlle ao Alcalde cantas parcelas están vendidas e cando está previsto a construcción das naves respectivas.
Â
Outro tema polo que nos imos interesar é polo pretendÃdo “Parque Eólico Municipal”.
No ano 2005 o concello solicitou un crédito bancario de máis de 2 millóns de euros par constituir a empresa Enerxia de Catoira S.L.
Levamos desde o 2005 pagando os xuros e amortizacións pertinentes e tres anos despois a empresa non comezou a producir.
Â
Por outra banda queremos convidar a todas as persoa de Catoira a que visiten a “Fonte Gaiteira” para que comproben o terreo que vai ocupar esa obra colosal- están postas as marcas- que quere facer aà o noso Alcalde. Un lugar, que cunha pequena intervención poderiamolo converter nun gran parque, que serÃa un dos simbolos da nosa vila, o equipo de goberno do PSOE, mostrando unha falta de sensibilidade, impropia destes tempos, vai encher practicamente doda a parcela de formigón. Naves industriais no paseo fluvial en zonas de lecer, parque empresarial no mirador de Abalo, destrozo da Fonte Gaiteira etc.. Diremoslle ao Alcalde que non siga sacrificando as mellores zonas do pobo.
Â
