Bo Nadal e feliz Aninovo

Sen categorizar Non hai comentarios

feliz-aninovo1

Hoxe quero felicitarvos o Nadal e desexarvos un bon Aninovo a todos e todas.

decora1-0414Mira que ben bailamos

Pleno para as obras do fondo estatal

Política municipal Non hai comentarios

Dentro dun pouco temos pleno e imos debatir sobre as obras a realizar cos cartos do fondo estatal. No caso de Lugo estamos falando de 16 millóns de euros, moitos cartos tendo en conta a situación de crise na que nos atopamos. E vaise debater este tema no pleno non porque o alcalde o puxese na orde do día, senón porque o BNG presentou unha moción cunha proposta de obras para que se debata pola corporación. O PP tamén presentou a súa.
No pleno ordinario de decembro pedimos que se crease unha comisión con representación de todos os grupos para acordar as obras a facer, pero o PSOE e Orozco negáronse, a pesar de pedir o mesmo nos concellos nos que non gobernan. Vaia coherencia. Xa veremos que pasa no pleno desta mañá.

Plan Xeral aprazado

PXOM Non hai comentarios

Pleno do Plan Xeral aprazado indefinidamente. Iso é o que sabemos a día de hoxe. Iso e que María Novo está en Madrid reunida coas redactoras.
O que está claro é que este documento tal e como está non se pode aprobar. O BNG xa o dixo ben claro, e despois tiveron que sumarse os demais, o PP e tamén o PSOE.
Que o PP veña dicindo agora que eles tamén defendían o da nova exposición pública é de coña. Non hai máis que ver a acta do pleno de setembro no que o BNG presentou unha iniciativa reclamando un acordo político sobre este tema. Pero claro, visto o visto e o ben que estaba todo (en palabras do seu portavoz para estes temas), agora ter que recuar é difícil.
Xa veremos o que vai pasando nos vindeiros días, pero moito me temo que Orozco non vai querer saber nada do PXOM até despois das eleccións do 1 de marzo.

Esperpento

Economía, PXOM Non hai comentarios

O do plan xeral de Lugo é un verdadeiro esperpento. Orozco esconde a cabeza, María Novo titubea e non sabe que dicir e o PP carga contra o BNG porque lles desvelamos aos lucenses os graves erros que segue tendo o documento.
Xa o dixen en máis ocasións. O BNG non se vai amordazar e vai seguir denunciando todas as barbaridades que quere facer o PSOE.

decora1-049progreso2

17-12-2008 // O BNG di que o PXOM só responde ao 20,6% das alegacións

Aprazado ’sine die’ o pleno para aprobar o PXOM de Lugo

la-vozs017

A «imprecisión» das respostas ás alegacións lastra a aprobación

Unha adxudicación feita en 1997 polo goberno de García Díez e que supón ao Concello pagos por uns 725.000 euros

E suspenden outra vez o pleno do Plan Xeral

PXOM 1 Comentario

rolda-prensa-pxom421

O nunca visto. O do PSOE de Lugo e do seu alcalde, o señor Orozco, é alucinante. Estamos ante o maior esperpento que se pode dar nun concello, o cambio dun pleno para aprobar un documento como o Plan Xeral até o punto final, a súa suspensión sine die.
O BNG celebrou onte pola noite unha asemblea local e, despois de analisar o novo documento do Plan Xeral, decidiu que non lle podíamos dar o noso apoio a un proxecto urbanístico ao que só lle corrixiron os erros que tiña. O modelo territorial deste novo documento é o mesmo co do anterior, modelo que sempre criticou o BNG.
Orozco, o PSOE e o PP terán que explicar como é posíbel que consideren tan bon un documento que a día de hoxe aínda está incompleto e non dá resposta ás alegacións dos veciños.
Nós témolo moi claro: nova exposición pública XA!!! polo ben de Lugo e dos veciños.

dscf4355

decora1-047la-vozs016 O BNG non apoiará o plan por «expansionista e caduco»

Pleno extraordinario Plan Xeral

Actos, PXOM Non hai comentarios

23 Decembro 23Europe/Berlin 2008
5:00 pm

Alegacións ao Plan Xeral

PXOM Non hai comentarios

Faltan 3 días hábiles para a celebración do pleno de aprobación do Plan Xeral e aínda non está no concello o informe completo ás 6.800 alegacións presentadas polos veciños e veciñas de Lugo. É dicir, que aínda non sabemos que é o que aceptan e que é o que non aceptan do que pediron os veciños.
O BNG non vai deixar de denunciar aquelas cousas que nos parecen inxustificábeis.Non nos poden ocultar información necesaria para poder fixar a nosa postura definitiva sobre un documento amplísimo e moi complexo que vai influir no futuro deste concello e polo tanto no futuro dos seus habitantes.
Seguimos reclamando, por xustiza e por democracia, unha nova exposición pública do Plan Xeral de Lugo.

decora1-044la-vozs014O recorte dos núcleos rurais avala unha nova exposición, segundo o BNG

progreso1decora1-045O BNG di que o PXOM de Lugo só responde ao 20,6% das alegacións

Anteriores novas relacionadas

Vivenda protexida

Infraestruturas, Política Estatal, Política municipal, Xeral Non hai comentarios

O PP acaba de anunciar que vai presentar unha moción no pleno do día 23 para demandar da Xunta a retirada do Plan Sectorial de Vivenda de Galiza.
Está claro cal é o obxectivo do PP, atacar a política de vivenda que o BNG está facendo desde esta Consellaría. Pero non o fai só por opoñerse ao BNG, faino tamén por unha cuestión claramente ideolóxica. O PP non cre na política social, non cre na vivenda protexida. O PP, como partido de dereitas, apoia ás clases sociais máis pudentes, con máis poder adquisitivo. O respaldo ás clases populares, aos que menos teñen, nunca formou parte da súa política, nin nos concellos, nin na Xunta nin no Estado.
Pero o BNG tén unha política ben diferente. Este plan sectorial de vivenda vaille permitir a moitos e moitas lucenses con poucos recursos adquirir unha vivenda de calidade igual que a que poden adquirir os desas clases sociais que defende o PP e que desde logo non andan faltos de medios.
Que pode ter de malo que no Carme, na Cheda ou dentro de murallas haxa vivenda protexida? Ou é que esta sempre tén que estar no extrarradio das cidades e das vilas? A nosa aposta é outra, e imos intentar que conte co apoio dos veciños e veciñas que necesitan esa vivenda protexida.

info15

portapapeles02

decora1-043

355 núcleos rurais sen servizos

Economía, PXOM Non hai comentarios

Lugo ten 54 parroquias e 355 núcleos rurais sen servizos, e o Plan Xeral que o PSOE de Orozco quere aprobar provisionalmente o día 23 de decembro (xa non é o día 19) agranda aínda máis a fenda existente con respecto á zona urbana. Pero o que é aínda máis grave, vai crear cidadáns de primeira e de segunda na zona rural, pois os que vivan nos núcleos rurais tradicionais van seguir sen servizos de abastecemento e saneamento pero os que vivan nas novas urbanizacións rurais si que van telos, e con fondos en boa medida municipais. Desde logo os cambios introducidos no documento non van facer que o BNG se amordace e deixe de facer públicas as carencias que aínda ten, entre elas a dotación de servizos á zona rural. O BNG ten claro que o mellor para Lugo é someter o documento a unha nova exposición pública, o que permitiría que os veciños o coñecesen antes da súa aprobación e lle daría seguridade xurídica ao concello antes posíbeis reclamacións.

decora1-041O BNG denuncia que no 80% dos núcleos rurais hai cambios no PXOM la-vozs013

Dúbidas razoábeis

Economía, PXOM Non hai comentarios

Teño serias dúbidas de que o plan xeral vaia finalmente a pleno o día 19 de decembro tal e como anunciou o alcalde a semana pasada. E digo isto porque, por exemplo, onte houbo Consello Económico e Social e non dixo nada da data plenaria.
Non sería de estrañar que volvese pasar. O goberno do PSOE de Lugo se por algo destaca é polos seus reiterados incumprimentos, tamén en materia urbanística.
Poida que quen salte a protestar sexa o PP, porque polo visto son uns dos que máis ansia teñen por aprobar este plan xeral. Nin que fose seu!
Onte nun debate, ao que non foi o PSOE, o gran defensor dun documento -e que polo visto aínda non estudaron en profundidade-, foi Jaime Castiñeira. As malas linguas din que tamén pode ser que lle queira facer o traballo suxo a García Díez antes de marchar definitivamente para o Parlamento Galego, como xa apuntaban algúns medios de comunicación.
Quen sabe, á parte da súa importancia, o pleno aínda pode resultar ben entretido, sexa cando sexa.

« Entradas anteriores