E hoxe, debate en Telelugo.

6:16 pm Sen categorizar

E hoxe toca debate en Telelugo. É importante que a xente teña a posibilidade de contrastar propostas e alternativas. Por iso, o BNG sempre acude a debater alí onde nos chaman. E que a xente participe. Que reflexione buscando o mellor para o país e para a provincia de Lugo.E tamén a xente moza. Galiza precisa da súa xente moza. É moito o que nos xogamos e non hai ningunha razón cabal para quedar na casa. É a oportunidade de Galiza e Galiza precisa dos seus mozos que souberon estar aí nos momentos difíciles e que agora ten que aproveitar esta oportunidade.



2 Comentarios

  1. xan Di:

    hai que dicirlle á xente que o 9 de Marzo miren a papeleta, que vexan que non sae Zapatero nen Rajoy, que sae Abraira, Olaia, Jorquera ou Iago.
    Que non se enganen, que se escollen representantes por provincia e os únicos con cara, nome e apelidos que van representar aos galegos son os do Bloque.

    Que 6 anos despois, o que dicía que o Prestige xa estaba en augas portuguesas vai de nº3 pola Coruña, o de
    «No es en ningún caso una marea negra, se trata sólo de manchas muy localizadas» vai de nº1 por Madrid e o de “Las playas de Galicia están limpias y esplendorosas” vai de nº1 por Alicante. Nunca Máis!!

  2. ducil Di:

    que ben o fixeches, a edde é que os ouos dous non se comprometeron mto con Lugo, pero ti deixachelos quedar como se merecen. Bravo Paz

Fai un comentario!!!

O teu comentario

Pode usar as seguintes etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Nota: Estaá habilitada a moderación de comentarios, e a publicacións dos mesmos retrasarase un pouquiño. Non é necesario que reenvíes o teu comentario. Grazas.