Téñoo claro
8 Marzo, 2008 Sen categorizar 1 ComentarioTeño claro que o lamentábel atentado terrorrista de onte non pode modificar as nosas actuacións. Por principios democráticos temos que actuar mañá tal e como tiñamos pensado facelo antes de que isto pasase. O espertar de Lugo non pode esperar.
Hoxe por fin podo ir visitar a meus pais e xantar con eles en Meira. E despois darei un paseo pola beira do Miño, algo que nestes días botei moito en falta.






