Hoxe é o día despois

Sen categorizar 4 Comentarios

Sinto o atraso, pero hoxe é un día de valoracións e non tiven tempo a entrar antes. Quero empezar dándolles as grazas a todas as persoas que, tanto en Lugo como en Galiza, votaron BNG e que confiaron en nós para que Galiza e esta provincia estean representadas en Madrid.
Eu adquirín un compromiso nesta campaña cos veciños e veciñas de todos os concellos de Lugo, trasladar os seus problemas ao Congreso dos Deputados. Non vou poder facelo directamente, pero si indirectamente. Eu vou ser o nexo da provincia de Lugo cos dous deputados do BNG en Madrid. Temos moito traballo por diante e a enerxía necesaria para facelo.