Xa temos resultados definitivos no CERA

Sen categorizar 2 Comentarios

O escrutinio do voto emigrante para o Congreso xa rematou e puxo de manifesto o que o BNG leva tantos anos denunciando: a morea de irregularidades e que PP e PSOE non queren modificalo porque lles dá moi bon resultado cando gobernan. E seguen chegando votos emitidos por persoas que xa faleceron. Unha das papeletas remitidas desde Arxentina viña acompañada pola certificación censal dun home falecido fai 18 anos, en 1990.O PSOE sacou nese censo máis do 60% dos votos. Nunhas autonómicas o censo do CERA decide un deputado por provincia, e esa idea gústalle moito ao PSOE. Nós seguimos esixindo a súa modificación, para que deixen de caciquealo desde o goberno (sexa dunha cor ou doutra)