Falta de seriedade
2 Abril, 2008 PXOM 1 ComentarioHoxe mantivemos unha xuntanza de traballo sobre o Plan Xeral de Lugo. Nela o Concelleiro de Urbanismo demostrou unha absoluta falta de seriedade e rigor nos prazos e nin sequera foi quen de dicirnos que pasos ten que dar o concello para aprobar o PXOM. Está claro que o único que lle preocupa agora é o seu novo destino na Confederación Hidrográfica Miño-Sil que vai ter a súa sede en Ourense. Desde que haxa novo goberno no Estado xa poden nomealo, e os veciños e veciñas de Lugo que presentaron alegacións e que non saben nada delas que sigan esperando que a el dálle o mesmo.






