Máis do mesmo
Abril 18, 2008 8:58 am PXOM, Sen categorizarEsta semana só se falou de dúas cousas no concello, do Plan Xeral e da viaxe do alcalde a China. Como podedes ver dous temas realmente relevantes para o futuro dos nosos cidadáns. Que se vai poder facer a nivel urbanístico no noso “territorio” e como imos expandirnos economicamente ao “territorio” dos chineses. A importancia destes dous asuntos capitais para o futuro de Lugo segue camiños diferentes. Por un lado a viaxe a China, onde o alcalde avanza e xa case está aló. E por outro lado o Plan xeral, onde o alcalde tropeza cada día máis, pretende enganar aos veciños e á oposición e pensa que imos tragar con calquera cousa. Se cadra, se lle dedicase o mesmo tempo aos dous temas irían un pouco máis parellos.






