Dobre moral
22 Abril, 2008 PSOE, Sen categorizar Non hai comentariosMoi calados están os alcaldes do PSOE ante a supresión do 1º ciclo da ESO de 7 concellos da provincia de Lugo. Moi calados están ante unha decisión da Consellería de Educación (do PSOE) que, sen diálogo nin contraste previo cos afectados, decide unilateralmente seguir adiante cun proxecto iniciado polo PP hai case 10 anos que determina que os cativos do rural galego non poden ter os mesmos servizos educativos que os da zona urbana e deben pasar máis de unha hora no autobús para ir a clase. Curioso tamén o silencio da FEGAMP (esa plataforma tan belixerante con outras actuacións seica non consensuadas) que non dixo nada deste feito. O BNG opúxose cando estaba na oposición a retirada do 1º ciclo da ESO deses concellos, e ségueo facendo agora que é goberno. Outros deberían explicar a súa dobre moral.






