A política do PSOE
28 Abril, 2008 PSOE 1 ComentarioParece que o PSOE ultimamente está moi interesado en atacar ao rural galego e ao BNG. Digo isto porque acabamos de enterarnos de que desde a Consellería de Educación lle retiran a achega económica que lle facían ao programa “Preescolar na Casa”, centrado na atención aos nenos de 0 a 6 anos do rural galego e tamén eliminan o primeiro ciclo da ESO de 7 concellos (rurais por suposto) da provincia de Lugo. En canto ao BNG, dígoo polo das Normas do Hábitat, polos ataques contra Medio Rural polos prezos do leite ou pola nova xestión dos Plans Leader (alcaldes socialistas dos Ancares). Está claro que o PSOE está máis interesado nas vindeiras contendas electorais que no traballo en beneficio do País. E se non que lle pregunten a Orozco onde está o Plan Xeral de Lugo.






