Debate en Radio Principal
9 Maio, 2008 Actos Non hai comentarios| 9 Maio 09UTC 2008 | ||
| 12:00 pm |
Hoxe participo nun debate en Radio Principal de Vilalba
| 9 Maio 09UTC 2008 | ||
| 12:00 pm |
Hoxe participo nun debate en Radio Principal de Vilalba
Hoxe, o xornal El Progreso, publica que a tramitación dunha licencia de obra menor, – que ten por lei ten un mes para a súa tramitación-, agora mesmo, no Concello de Lugo, está tardando mínimo 3 meses (solicítanse 1500 ao ano), e nalgúns casos cerca de un ano. Unha obra menor é cambiar un canalón, unha fiestra, pintar unha fachada… Imaxinade cal é o colapso deste servizo no Concello! E os que o sufrimos somos os cidadáns que vemos como algo que debería ser rápido se demora indefinidamente no tempo!!!
Pois agora, coa tramitación do Plan Xeral aínda vai ir todo máis lento, pois os técnicos municipais do departamento de Urbanismo e licenzas van ter que analisar e informar todo o documento do PXOM, e para iso van ter que deixar de lado o seu traballo diario… E ante esta situación, o goberno municipal, Orozco e Liñares tan tranquilos, como se non pasase nada. Total, os veciños sempre poden esperar.