Non hai seriedade

PXOM Non hai comentarios

Non se pode esperar nada de quen non ten seriedade. O pasado venres, día 23, tiñamos que ter unha reunión dos tres grupos políticos para fixar os cambios definitivos do Plan Xeral e a día de hoxe seguimos sen saber nada.
Se pedimos unha nova exposición pública é precisamente porque o traballo feito polo goberno é pouco serio e carente de todo rigor. Non se nos pode dicir hoxe a, mañá b e pasado c, en función dos intereses de Orozco.
Para o BNG está claro que o urbanismo é un tema moi delicado e por iso desde as primeiras reunións (xuño de 2007) puxemos sobre a mesa as nosas reclamacións para lograr un Plan Xeral de consenso.